Estimadas nais, pais, familias:
Para mañá, 08/03/2018 está convocada unha folga (todo o día) así como paros parciais (2 horas). Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado dos nenos e nenas, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.
As persoas responsables dos servizos mínimos son:
A directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.
O subalterno/conserxe: Vicente Fernández Balebona
A coidadora: Mónica Reimúndez Rivas
En Bertamiráns, 7 de marzo de 2018
A DIRECTORA
Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca
Achegamos tamén comunicado do Concello de Ames
Estimados pais/nais:
Como xa sabedes o próximo xoves 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral das mulleres.
O funcionamento dos Programas de Conciliación da vida laboral e familiar (Bos Días Cole, Rede Municipal de Comedores Escolares e Tardes Divertidas) depende practicamente na súa totalidade de mulleres (rede de monitoraxe, persoal de servizos xerais, cociña) polo que NON se garante a prestación dos servizos citados durante todo o día.
A tal efecto informativo, atendendo os servizos mínimos, estará unha (1) persoa en cada un dos comedores escolares e o 20% da rede de monitoraxe da empresa concesionaria.
Agardamos a súa colaboración.
--
David Santomil Mosquera
Concelleiro de Educación e Cultura
Concello de Ames