blogue deDirección do Centro

Aula Virtual

Queridas familias.

Como ben acordamos en avisos anteriores, enviamos o procedemento para acceder á aula virtual:

 

Escribimos en google aula virtual do CEIP A Maía ou directamente desde este enlace

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual/

Entramos.

Cando apareza a interface da aula, na esquina superior dereita pinchamos en (Acceder).

A continuación Necesitamos 2 datos:

Usuario

Contrasinal

 

O usuario está formado polo nome e o apelido do alumnado, separados por un punto; por exemplo:

pepe.garcialopez

En caso de nome composto:

pepe.antonio.garcialopez

 

O contrasinal está asignado por defecto, pero poderedes cambialo, explicamos como:

Escribimos o noso usuario e en contrasinal poñemos changeme

Automaticamente entramos na aula pero sairá unha mensaxe que nos diga que deberemos cambiar o contrasinal.

En contrasinal actual poñemos changeme

En Novo contrasinal,  escribimos o que nós queiramos.

Finalmente pinchamos en curso 2022-2023

E eliximos o curso correspondente da nosa filla ou fillo en primaria ou infantil.

Se tendes calquera outra dúbida poñédevos en contacto de novo co centro e gustosamente intentaremos buscar unha solución.

Moitas grazas.

O equipo TIC.

Axenda escolar curso 2022/23

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro elaborou esta axenda para o curso 2022/23, para toda a comunidade educativa, pero especialmente para o alumnado de educación primaria, que sabemos que lles será de utilidade.

Podedes descargala e imprimila vós ou, se vos resulta máis cómodo, encargala en Gráficas SMT (Rúa das Pesqueiras, 6 Loc. 11), aquí en Bertamiráns, xa que o arquivo está depositado alí.

 

 

Información sobre xustificación de faltas

Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a cualificación do posible absentismo.

Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.

e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno.

En todo caso, ante calquera falta de asistencia do alumno/a, os pais, nais, titores/ as ou  gardadores legais, deberán xustificala por escrito nos tres días seguintes, entregando o documento xustificativo ao titor/a por correo electrónico ou a través da axenda.

 

A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda:

  1.  Xustificante médico, no caso de enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

No caso de faltas por indisposicións ou enfermidade:

 Se a ausencia comprende de 1 a 2 días ao mes, consecutivos ou non, presentarase xustificante por escrito dos pais, nais, titores/ as ou  gardadores legais.

 Cando a falta de asistencia ao centro educativo por visita médica ou por enfermidade sexa de máis de 2 días ao mes, a xustificación deberá estar apoiada polo xustificante/certificado médico correspondente.

 Considerarase falta xustificada por enfermidade prolongada a situación dos menores que se atopan convalecentes en domicilio ou hospitalizados por períodos superiores a un mes, e conste no centro educativo o informe médico correspondente.

 

2. Documento acreditativo, no caso de deberes inescusables, presentación a exames ou morte de familiares de primeiro ou segundo graos.

3. Calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.

Seguimento das faltas de asistencia a clase do alumnado e a súa comunicación

 O profesorado titor deberá comunicar ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado todas as faltas de asistencia a clase de cada mes, dentro dos primeiros cinco días naturais do mes seguinte e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas.

Cando as faltas de asistencia a clase do alumnado presenten dificultades para a súa xustificación ou cando se incremente de forma significativa o número de faltas sen xustificar, o profesorado titor convocará a nai, o pai ou as persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno a unha reunión, coa finalidade de analizar a situación que se está a producir e tratar de corrixila, evitando que se produza a apertura do expediente de absentismo. Desa reunión levantará acta o profesorado titor.

Cada centro educativo establecerá nas súas normas de organización, funcionamento e convivencia o procedemento para realizar esas comunicacións ou citacións, así como a obrigatoriedade de deixar constancia de tales accións.

Definición de Absentismo

Tal como establece o artigo 22 do decreto 229/2011, do 7 de decembro, absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria. Para ser considerado absentismo, esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento (10 %) do horario lectivo mensual.

 

EXCEPCIÓNS

Para os efectos do protocolo para a prevención e control do absentismo escolar e do número máximo de faltas de asistencia permitidas, as ausencias derivadas da aplicación das medidas COVID consideraranse sempre xustificadas, non sendo preciso o xustificante do facultativo para a súa acreditación.

 

IMPRESOS OBRIGATORIOS

 

Impreso para a xustificación de faltas

Impreso para a comunicación de ausencias prolongadas e/ou definitivas.

 

IMPORTANTE: A NON ENTREGA DOS IMPRESOS SERÁ MOTIVO DE NON XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS

MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

As reunións de inicio de curso faranse de xeito presencial na aula de cada grupo agás a de 5º de infantil que será conxunta.

  • 5º de educación infantil: luns 12 de setembro ás 16:30h. (será conxunta e farase na sala de psicomotricidade do edificio de educación infantil).
  • 6º de educación infantil: luns 19 de setembro ás 16:30h.

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º A, B e C: luns 12 de setembro ás 16:00h.
  • 2º A, B e C: luns 12 de setembro ás 17:00h.
  • 3º A, B e C: luns 19 de setembro ás 16:00h.
  • 4º A, B e C: luns 19 de setembro ás 17:00h.
  • 5º A, B, C e D: luns 26 de setembro ás 16:00h.
  • 6º A, B e C: luns 26 de setembro ás 17:00h.

 

ORGANIZACIÓN 1º DÍA DO CURSO 2022_23

HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES CURSO 22_23

Horarios: O horario das paradas sempre é aproximado. Deben estar 10 minutos antes nas paradas.

Os horarios a ter en conta son os de saída da parada inicial, as seguintes poderán sufrir pequenas variacións dependendo do tráfico.

Autorizacións: Deben cubrir e asinar a autorización que mañá lle entregará a acompañante de autobús escolar, deben devolverlla cuberta e asinada o antes posible.

Alumnado de 4º de educación infantil (3 anos): Polos horarios do periodo de adaptación non farán uso do transporte até o luns 19 de setembro.

Uso de máscara: A máscara utilizarase no transporte escolar de acordo ao previsto para o transporte con carácter xeral.

Recoméndase o uso da máscara:

• A persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.

 • A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria.

 • A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de Covid-19. En todo caso porase especial coidado en coidar e previr a estigmatización das persoas que, con condicións de risco de Covid-19 ou por decisión persoal, utilicen máscara.

Paradas:

 

BUS Nº 1

ACOMPAÑANTE: ANA

Saída de Capeáns ás 8:36

Igrexa -  Covas ás 8:38h

Lombao: 8:40

Ventosa:8:41

Aldea Nova: 08:45h.

Porto: 08:50h

 

BUS Nº 2

ACOMPAÑANTE: Mª VICTORIA

Saída Paseo Fluvial : 08:43h.

Centro Médico: 8:48h

 

BUS Nº 3

ACOMPAÑANTE:

ISABEL

Saída de Cortes: 08:30h.

Tarroeira:08:37h. Condomiña: 08:38h

Praza da Maía: 08:45h

 

BUS Nº 4

ACOMPAÑANTE: MÓNICA

Pedregal: 08:45h. Chavián (Panadería Xallas): 08:50h

 

BUS Nº 5

ACOMPAÑANTE: LOLI

Praza da Maía:08:40h

Panadería Xallas: 08:45h

 

BUS Nº 6

ACOMPAÑANTE: YADIRA

Centro Médico: 08:45h

Praza de Maía:8:50 h.

 

BUS Nº 7

ACOMPAÑANTES: MARIO/DANIELA

Avenida Rosalía Castro, 34 (Supermercado): 8:40h

A  Madalena: 8:44h.

 

 

 

 

NORMATIVA SOBRE ACOMPAÑANTES NO TRANSPORTE

Todos os autobuses levan Acompañante Escolar. 

MANUAL DE SEGURIDADE VIARIA E BOAS PRÁCTICAS PARA PERSOAS USUARIAS DO TRANSPORTE DE ESCOLARES 

 

PROTOCOLO DE HÁBITOS SEGUROS 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE TRES ANOS NO CURSO 2022/2023

 

4º A e 4º B de EDUCACIÓN INFANTIL

 

Na primeira semana, de xoves 8 a venres 9 de setembro faranse 3 quendas

 

QUENDA A

De 9:30hs a 10:30hs

 

QUENDA B

De 10:45hs a 11:45hs

 

QUENDA C

De 13:00hs a 14:00hs

 

Na segunda semana, de luns 12 a venres 16 de setembro faranse 2 quendas

 

QUENDA A

De 9:30hs a 11:30hs

 

QUENDA B

De 12:00hs a 14:00hs

 

Desde o luns 19 de setembro

 

Todos e todas de 9:05hs a 14:05hs

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Desde o 20 de xuño até o 10 de xullo ábrese  o prazo para solicitar praza no transporte escolar para o vindeiro curso 2022/23.

Serán persoas usuarias lexítimas do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas escolarizadas en 2º ciclo de educación infantil ou en niveis de ensinanza obrigatoria cuxos domicilios se encontren fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 quilómetros, calculada utilizando o itinerario máis directo á pé. Para poder ser persoas usuarias lexítimas do servizo as persoas alumnas deberán estar escolarizadas no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. Neste caso, valorarase excepcionalmente ampliar provisionalmente a ruta afectada se os tempos permiten a realización do servizo ou facilitar unha axuda individualizada. Para este trámite é imprescindible presentar o ditame de escolarización forzosa ou certificado da dirección do centro que acredite o carácter forzoso da escolarización.

As persoas alumnas que non teñan dereito ao uso do transporte escolar (persoas alumnas cursen FP ou Bacharelato, aquelas que viven a menos de 2 quilómetros do centro, escolarizados fora da zona de influencia que non teñen ditame de escolarización forzosa, uso de transporte escolar doutro centro entre outros poderán solicitalo con carácter excepcional.

As persoas usuarias excepcionais non poden solicitar o establecemento de novas paradas.

Aquelas persoas usuarias excepcionais que soliciten facer uso dunha praza de transporte escolar poderán ser autorizadas para facer un uso excepcional se cumpren todos os seguintes requisitos:

– Que existan prazas dispoñibles no vehículo.

– A persoa alumna utilice algunha das paradas existentes, sen modificación das rutas nin creación de novas paradas.

– Non teña necesidade de incorporación de acompañante.

 

Esta autorización é provisional e revogable en calquera momento.

 

A solicitude farase a través dun formulario web, ao que pode acceder dende aquí: ACCESO AO FORMULARIO

É moi importante que lean atentamente o formulario antes de cubrilo e de envialo, só permite un envío.

Ante calquera dúbida ou problema que lle xurda póñanse en contacto co centro nos seguintes teléfonos de atención:

881866006 (Paco)

 

LEXISLACIÓN RELACIONADA:

LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.

REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.

DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio,  (DOG, 10/06/14).

 

Distribuir contido