Blogues

A psicomotricidade educativa preventiva no Concello de Ames

   Queremos recomendarvos este artigo que Milagros Lorenzo Méndez, responsable do programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva no Concello de Ames publicou na revista PyM, Padres y Maestros. Itos leva moitos anos levando adiante as actividades de psicomotricidade nos centros de Ames, entre eles o noso e xa son moitos os alumnos que pasaron polas súas máns.

Premer AQUÍ para ler o artigo.

(a sala de Psicomotricidade está  no Edificio de Infantil)

  Da mesma revista tamén vos poño aquí este outro artigo  de Bernard Aucouturier , o pedagogo francés creador da práctica psicomotriz, que nos fala aquí dos límites na educación dos nenos.

blog de 6º

Teatro en inglés

   Os alumnos e alumnas do Ceip A Maía asistiron uns días antes do Nadal a dúas sesións de teatro e cancións en inglés organizadas polo departamento de Inglés na Casa da Cultura en Bertamiráns. Para os de 1º e 2º foi "The prince frog" e para os de 3º a 6º foi "Treasure island". A representación correu a cargo da Compañía "Face2face". Como podedes ver no video foi unha sesión moi participativa na que os rapaces cantaron e bailaron.

Nadal en infantil: Chocolatada de festa e títeres e cancións con Luis Vallecillo.

Entre outras actividades para rematar o mes de Nadal e dar comezo as vacacións, os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de infantil do Ceip A Maía asistiron a unha sesión de títeres, contos e cancións   polo artista e contacontos Luis Vallecillo. Pasámolo moi ben!

  Os pequenos tamén celebraron o inicio das vacacións cunha chocolatada con churros e festas nas aulas. Podedes ver algunhas das cousas que fixeron entrando nos blogues de infantil:

http://infantilamaia3.blogspot.com.es/2015/12/o-nadal.html

http://infantilamaia9.blogspot.com.es/2015/12/festa-do-nadal.html

 

 

5º e 6º coa Tropa Trapalleira

  Os alumnos de 5º e de 6º fomos a Santiago ao teatro a ver a a tropa Trapalleira da compañía Bocaberta. A Tropa Trapalleira (Rosiña, Laranxiño e Mariña) presentounos "Pequena trapallada e algunha que outra batalla", un espectáculo cheo de color no que a través dos gags físicos  e do humor nos fan reflexionar sobre o absurdo da guerra e a necesidade de empregar a tolerancia.      Ademáis aproveitamos a viaxe para facer un pouquiño de turismo pola zona vella, percorrendo as súas rúas e visitando a Praza de Abastos (vendo os peixes, os postos de carne, de queixos e de froitas).

    

 

  Despois tomamos un descanso na praza de mazarelos e por último entramos na Catedral pola porta santa e fixemos un percorrido por ela, con abrazo ao Apóstolo e visita á súa tumba. Tamén observámolo órgano e as diversas capelas que rodean a Catedral. Foi unha viaxe estupenda!

     
 

 

 

Papá e mamá axúdannos a felicitar o Nadal!

   Os alumnos e alumnas de 2º realizaron estas bolas de nadal na casa con papá e mamá a partir dunha plantilla común. Empregaron materiais moi diversos (tanto naturais como artificiais) e deron boa mostra da súa creatividade. Despois decoraron con elas o corredor do piso de abaixo do colexio.

Algúns dos autores diante das súas creacións.

Nas clases tamén fixeron estas postais para felicitar o nadal as súas familias.

Bo Nadal desde a Biblioteca!

Desde a Biblioteca desexámosvos Bo Nadal:

 
"...un  Nadal  que amose
 como vai a vida             
un Nadal que cure         
con paz as feridas         
 
un Nadal 
                                    que abrigue
un Nadal  
                             turrón!
un Nadal 
                                     que acougue!
un Nadal   
                              canción!"
 

O Belén polos alumnos de relixión

  Os alumnos e alumnas de relixión realizaron estos traballos sobre o BELÉN. Despois fixeron unha exposición coordinada pola profesora de relixión católica. No corrredor do piso de arriba expuxeron tamén BELÉNS realizados empregando diversos materias tanto naturais coma artificiais. En estos tres videos podedes ver os traballos dos alumnos de primaria.

 

 

BO NADAL !

 

 

 CANTIGA PRA RECIBIR O ANINOVO

¡Ai, qué Noiteboa chea de ledicia

si os galegos estuveran en Galicia!

¡E nós eiquí calados!

¡Ai, qué santo e bó sería o Nadal

si houbera no mundo menos mal!

¡E nós eiquí calados!

¡Ai, qué Aninovo cheo de craror

si houbera na terra mais amor!

¡E nós eiquí calados!

¡Ai, que leda e gozosa Epifanía

si todo amañecera limpo como o día!

¡E nós eiquí calados!

E si houbera xusticia, paz e ben,

¡cómo brilaría a estrela de Belén!

Os anos van pasados,

¡e nós eiquí calados!

Manuel María (ms.)

Monforte de Lemos, Nadal, 1964

 

 

Exposición fotográfica sobre Neira Vilas

  Nos paneis da  Biblioteca e nos corredores do piso de arriba montouse unha exposición fotográfica sobre a visita de Xosé Neira Vilas ao noso centro. Tamén se puxeron algúns dos libros que forman parte do noso fondo bibliográfico. O libro de visitas, no que nos deixou unhas palabras, e os libros que nos adicou, tamén son mostras da súa agarimosa presenza entre nós. 

Distribuir contido