Blogues

Premio no I Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller"

  Iria Núñez Filgueira de 5ºB resultou gañadora no Iº Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller".

   Os marcapáxinas premiados serán editados e enviados aos centros e Bibliotecas do Concello.

  No auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro celebrouse  o acto de conmemoración do Día e entregáronse os premios do concurso posto en marcha polo Centro de Información á Muller.

 

   Premer AQUÍ para ver máis información do acto na páxina do Concello.

 

    Este certame estivo dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos de Ames. As bases do concurso estableceron tres categorías diferentes.

   A primeira estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil; a segunda ao de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e a terceira aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

  educació 

   Deste xeito os gañadores e gañadoras foron na 1ª categoría, Carolina Guerra García, alumna de infantil do CEIP Agro do Muíño; na 2ª categoría, Diego Cacheiro Blanco, alumno de 2º de primaria do CEIP Agro do Muíño; e na 3ª categoría, Iria Núñez Filgueira, alumna de 5º de primaria do CEIP A Maía.

                      Parabéns Iria!

2º B na Aula da Natureza

  As alumnas e alumnos de 2º B visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. (As outras aulas terán a visita os días 14 e o 16). Entre outras actividades para favorecer a sensibilización cara o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!

Iago: contacontos para 2º e 1º. "Feliz feroz"


   Os alumnos e alumnas de 2º e 1º recibiron a visita de Iago, un contacontos que lles falou do libro "Feliz feroz, o lobiño riquiño" de "el hematocrítico" coas ilustracións de Alberto Vázquez.

    Reuníronse no escenario da Biblioteca e pasárono moi ben con Iago. 

    Se aínda non o lestes... comezade AQUÍ

    Sinopse do libro: "A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre".

 

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

  Este venres os alumnos e alumnas de 6º asistirán no Auditorio de Galicia ao concerto de Jazz de XACOBE MARTÍNEZ ANTELO STANDARD QUARTET. Tratamos así que os nenos e nenas ao longo da educación primaria, e dentro das posibilidades culturais que se nos ofertan para esta idade dentro da programación de Compostela Cultural, asistan a concertos de diferentes estilos. Podedes ver máis información e consultar a guía didáctica do concerto na páxina do Auditorio premendo AQUÍ   ou na imaxe.

Recitando a Rosalía

    O alumnado de primaria homenaxea a Rosalía de Castro con este recitado dos seus poemas:

Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video e imaxes da vida e obras da escritora:

Unha imaxe de parte do equipo técnico no "making of"

Os alumnos e alumnas de 5º tamén participaron nun programa de Radio Ames:

Video homenaxe a Rosalía . Alumnos de infantil recitan: "Vente rapasa"

   Alumnos de 5 e 4 anos do Ceip A Maía, interviñeron na homenaxe a Rosalía de Castro recitando a poesía "Vente rapasa" de Cantares galegos. O video participou na lembranza que se celebrou o mércores no Milladoiro. Ler + na páxina do Concello.

 

"O nome da rosa" e "Matar un ruiseñor". Umberto Eco e Harper Lee

 O venres faleceron dous escritores fundamentais no século XX: 

Umberto Eco, profesor, escritor e humanista, que nunha ocasión dixo "O que non lee, aos 70 anos terá vivido unha sóa vida. Quen lee terá vivido 5.000 anos. É autor, entre outras moitas obras de todo tipo, de "O nome da rosa"

e Harper Lee, que nos deixou un personaxe, Atticus Finch, que representa a integridade moral, o valor  e a loita ante a inxustiza. A súa case única obra, foi incluida nunha lista dos "libros que todos deberían ler polo menos unha vez na vida"

Ler máis no blog da Biblioteca +

 

Actividades de homenaxe do Ceip A Maía a Rosalía de Castro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

HOMENAXE DO CEIP A MAÍA

Mércores, 24 de febreiro de 2016

 

Educación Infantil:

Vídeo. Os nenos recitan: Vente rapasa”

de Cantares Galegos

Educación Primaria:

Lectura continuada de poemas na Biblioteca “Agustín Fernández Paz”

Organizado polo EDLG, Equipo TICs e Equipo de Biblioteca.

==============================================

Os carteis  coas actividades que organiza o Concello de Ames para o Día de Rosalía. Ver máis información premendo AQUÍ

Baile de disfraces no Antroido da Maía

   Tanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!

Baile de disfraces dos alumnos de infantil

   Os 225 pequenos de infantil viñeron disfrazados de princesas, superherois, patrulla canina, monstros e todo canto se lles ocurreu nunha mañán moi divertida na que tamén degustaron as filloas, orellas e rosquillas propias do Antroido. Despois baixaron ao edificio de primaria e tras duns primeiros minutos de impresión dos máis pequeniños de 3 anos, case todos se foron soltando e  bailaron cos seus compañeiros ao ritmo da música seleccionada polo equipo de extraescolares que lles puxo o profe Jorge.

 Moitas grazas os papás e mamás por colaborar cos disfraces e coas larpeiradas das que os pequenos deron boa conta nas festas de antroido que celebraron nas aulas.

Distribuir contido