Localización, Organigrama, Dependencias, Consello escolar, Secretaría, Profesorado

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO (ED550B), CURSO 2024/2025

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025.

 

· Prazo de presentación de solicitudes:  do 1 ao 20 de marzo

              

     Solicitude admisión en galego

   

      Solicitud admisión en castellano

  

 

              

 IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.

 

 · O formulario de solicitude está dispoñible e pode presentarse:

 

Ø A través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/   (solicitudes>admisión).  A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto

con toda a documentación que se indica máis abaixo.

 

Ø Na sede electrónica da Xunta   mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario

entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.

 

Ø Na secretaría do centro, en horario de 09:15 a 13:00. Hai que recoller o  impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica a

seguir.

 

  • Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:

 

o Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

o Certificado de matrícula e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de ed. infantil.

                       o  De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Ante calquer dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 15 18 12

 

  •  Outra información de interese:

 

 - Vacantes ofertadas.

 - Área de influencia do CEIP A Lomba.

Criterios de baremo.

Número para resolver o empate na puntuación baremo admisión 2024/2025

 - Acreditación familia monoparental

 - Instruccións do cálculo da renda no apartado de baremo.

Manual das familias para cumprimentar a solicitude de admisión.

 

   Calendario do proceso

 

Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

  Número de desempate na puntuación final de admisión no curso 2024/2025.

  Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.  Do 21 de marzo ao 11 de abril. 

  Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  25 de abril.

  Reclamación das  listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)

  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

  Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.

  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 de xuño ao 1 de xullo.

  Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 7 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)

 

 Normativa

 

  • DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I

 

  •  Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).

 

  • Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).

 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal

 

 NOTA: Esta información iráse actualizando a medida que teñamos máis información da Consellería de Educación.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO E EN LISTA DE AGARDA NO SERVIZO DE COMEDOR DO CURSO 2023/2024

Xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido e en lista de agarda para o comedor escolar do curso 2023/2024. As listaxes poden ser consultadas nos taboleiros internos do CEIP A Lomba e no edificio Anexo A Lomba.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR DO CURSO 2023/2024

Publicada a lista provisional de alumnado admitido no comedor escolar 2023/2024 e alumnado en lista de agarda. Poden consultar as listaxes nos taboleiros internos nos edificios do CEIP A Lomba e Anexo A Lomba.

RECLAMACIÓNS ATA O 7 DE SETEMBRO ÁS 11:00 HORAS, NA SECRETARÍA DO CEIP A LOMBA.

 

 

IMPORTANTE: O DÍA 7 DE SETEMBRO REALIZARASE UN SORTEO ENTRE O ALUMNADO EN LISTA DE GARDA, POLO QUE A ORDE DA LISTAXE PROVISIONAL PODE  VARIAR.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS SOLICITUDES FONDO LIBROS E ENTREGA VALES. CURSO 2O23/2024

 

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO SOLICITANTE FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL

ESCOLAR. CURSO 2023/2024

 

 

 

As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as listaxes definitivas de Fondo libros

para o alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria.

 

 

O alumnado de 5º de EP non vai empregar os  libros en formato papel por estar no programa E-Dixgal (libro dixital).

 

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria non saen nesas listaxes, teñen que preguntar na secretaría do CEIP A Lomba se están

admitidos ou excluídos.

 

 

 

ENTREGA DE VALES:  en setembro.

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUÍDOS SOLICITUDES FONDO LIBROS. CURSO 2023/2024

 

Publicadas, no taboleiro interno do CEIP A Lomba, as listaxes provisionais de Fondo libros (alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria).

 

O alumnado de 5º de EP non vai empregar libros en papel por estar no programa E-Dixgal (libro dixital).

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria non sae nas listaxes de Fondo libros, teñen que preguntar na secretaría se están admitidos ou

excluídos.

 

Para os vales de material (de 1º a 6º de primaria), preguntar tamén na secretaría se lles corresponde ou non.

  

PRAZO PRESENTACIÓN RECLAMACIÓNS: 10 e 11 de xullo de 2023, en horario de 10:00 a 13:00.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 14 de xullo de 2023

 

ENTREGA DE VALES:  durante o mes de setembro.

 

 

 

Distribuir contido