Skip to Content

Plan de acollida COVID-19

Plan de Adaptación COVID-19

Plan de continxencia

O noso cole

Pinchade aquí e veredes o que traballamos!!!

 

O conxunto de maestr@s que formamos o Claustro do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, estamos  involucrados na educación dos noso alumnado e facemos uso das novas pedagoxías para conseguir que o noso alumnado “aprenda a aprender” a través dunha aprendizaxe significativa e constructiva,  dunha aprendizaxe colaborativa e fomentando a creatividade e a autonomía do noso alumnado.

No noso centro pretendemos formar presonas capaces de vivir e convivir nun clima de respecto, tolerancia, participación e liberdade. Para isto contamos cun Plan de Convivencia baseado na prevención e resolución pacífica dos conflictos e un equipo de alumnos mediadores que axudan con ilusión a consecución deste obxectivo.

Outra das nosas preocupacións  é a conservación do medio ambiente e a importancia duns hábitos de vida saudables. Contamos cun horto escolar no que os nosos alumnos e alumnas fan as súas plantacións e recolleitas. Participamos co noso horto no programa "Voz Natura" (plantación de tomates, leitugas, etc...); no programa "Proa" para potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado; no "Plan Proxecta" co programa Aliméntate ben no cal, durante algunhas semanas nos suministran froitas de tempada e leite para os nenos e nenas; e no programa "Edixgal" para traballar co alumnado de 5º e 6º de primaria co libro dixital. Tamén na área de Educación Física participamos en numerosos programas e distintas actividades deportivas (Remo, Tenis na escola, Esgrima, Capoeira, Rugby, Fútbol Sala có Parrulo e nalgunhas actividades que se fan no noso entorno).

Outra das nosas prioridades é o uso das Novas Tecnoloxías xa desde a educación infantil e contamos con internet e pizarra dixital en todas as aulas como apoio educativo co obxectivo de mellorar significativamente todas as competencias a través da competencia dixital.

Contamos tamén cunha biblioteca escolar incluida no "PLAMBE" da Xunta de Galicia onde o noso alumnado pode realizar distintas actividades relacionadas coa lectura e que permanece aberta polas tardes para que poidan facer uso do préstamo de libros.

C.E.I.P. ALMIRANTE JUAN DE LANGARA Y HUARTE

Carretera Catabois, 45-71
15405 Ferrol
A CORUÑA (ESPAÑA)

Coordenadas GPS: 43°29'23.6"N 8°14'03.2"W

Teléfono de contacto: 981322905

Email: ceip.almirante.langara@edu.xunta.es

VER O MAPA EN GOOGLE MAPS



page | by Dr. Radut