Estimadas familias:
Ante as incomodidades que está supoñendo para vós o confinamento de certos espazos educativos, o Equipo Directivo e o Equipo COVID queremos poñer no voso coñecemento o seguinte:
- Quen ordena o confinamento dun espazo educativo por acumulación de casos é a Xefatura Territorial de Sanidade. Nin o Equipo Directivo nin o Equipo COVID teñen nada que ver nesta situación.
- O confinamento ordenado pola Xefatura Territorial é da totalidade do alumnado que conforma a contorna (entendemos por contorna un aula, zona de comedor, agrupamento de actividades extraescolares, aula matinal…).
- O único papel do Equipo Directivo é comunicar ás familias esta circunstancia, e seguindo as instrucións da Xefatura Territorial, establecer os contactos estreitos e asignalos ó último caso positivo.
- A este caso fai referencia a persoa que contacta convosco (que pertence á Central de Seguimento de Contactos). Non ter coincidido nesa data concreta con este positivo non exime da corentena imposta pola Xefatura Territorial de Sanidade, xa que se trata dun agrupamento de casos.
Esperamos que este comunicado contribúa a clarificar definitivamente as vosas dúbidas.
Un saúdo