Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.
Aberto do 1 ao 20 de Marzo ( LEMBRAMOS QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO ESTARÁ PECHADO POR SER DIA NON LECTIVO)
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2020-21 |
Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro e recibir información referente ao proceso de solicitude de admisión, organizamos unhas xornadas de portas abertas que terán lugar
- o MÉRCORES 4 de MARZO e
- o VENRES 6 de MARZO ás 16:30 h.
Aconsellamos asistir ás xornadas de portas abertas sen os cativos xa que son reunións longas e se cansan.
|
MATRÍCULA CURSO 2020/2021
|
|
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2020/21
|
4º EI
(3 anos)
|
5ºEI
(4 anos)
|
6ºEI
(5 anos)
|
EP-1º
|
EP-2º
|
EP-3º
|
EP-4º
|
EP-5º
|
EP-6º
|
44 + 6 reservadas para neae
|
2
|
7
|
4+ 1
reservada para neae
|
2
|
0
|
1
|
24
|
0
|
==========================================================================
|
LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO
|
1. Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o prodecemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.
|
SOLICITUDE DE PRAZA:
1 ao 20 de marzo de 2020
LEMBRAR QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO ESTARÁ PECHADO POR SER DÍA NON LECTIVO.
(Ese dia podedes tramitar a solicitude a través da aplicación informática ou
presentándoa no Rexistro da Xunta)
|
- Impreso de solicitude: ANEXO II - ED550B
Podedes descargalo premendo no enlace anterior, recollelo na Secretaría do colexio (*) ou cubrilo a través da aplicación
www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- Fotocopia do D.N.I. ou da folla do libro de familia, do/a neno/a. (Imprescindible traer tamén os orixinais)
- Copia do D.N.I. do solicitante e membros computables (no caso de denegar a consulta dos datos fiscais).
- Convenio regulador de separación xudicial ou divorcio (se é o caso).
|
(*) Horario de Secretaría:
- Mañá: LUNS e MÉRCORES de 9:00 a 10:30 h
- Tarde: (só os martes): de 16:00 a 17:30 h.
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
25 de marzo ao 3 de abril (ata as 14h)
|
En caso de que o número de prazas ofertadas sexa inferior ó de solicitudes:
- Presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión.
Dende o centro porémonos en contacto con aquelas familias que deban aportala.
|
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS:
Antes do 25 de abril de 2020
|
- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro das solicitudes admitidas e denegadas.
- Presentación de reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da listaxe provisional.
- Resolución das reclamacións.
|
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:
Antes do 15 de maio de 2020
|
- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro.
- Reclamación de listas definitivas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas.
|
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
20 -30 xuño de 2020
|
- Cubrir os seguintes impresos que se recollerán na Secretaría:
* Modelo normalizado.
* Ficha de datos de emerxencia.
* Autorización do uso da imaxe do menor.
* Ensino de Relixión / Valores Sociais e Cívicos.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e da folla de vacinacións.
- 4 fotos tipo carnet (só para matriculados en infantil).
- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só para 3 anos).
- Certificado de matrícula do centro actual (no caso de cambio de centro educativo).
Horario de Secretaría:
- a partires do 24 ao 30 de xuño, de 10h a 13h
Os impresos podedes imprimilos dende a sección desta web SECRETARÍA > DESCARGA DE DOCUMENTOS.
|
En votación realizada no Consello Escolar do C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, e recollida en acta con data do 28 de xaneiro de 2020, decídese por unanimidade DECLINAR facer uso do criterio complementario para o proceso de matriculación do curso 2020-21.
- A solicitude de admisión, axustada ao modelo oficial ANEXO II , SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.
- A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
|
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
Zona educativa nº 10
Comprende a rúa Paulino Freire, seguida da rúa Tomás Paredes ata o cruce coa Avenida da Florida, e incluíndo as parroquias de Alcabre, Navia e Comesaña
Zonas limítrofes:
· Zona nº 9
· Zona nº 11
· Zona nº 13
Outros centros educativos da zona:
- C.E.I.P. Javier Sensat (Alcabre)
- C.E.I.P. Párroco Don Camilo (Comesaña)
- Colexio Amor de Dios.
Aquí pódense consultar as ZONAS EDUCATIVAS de Vigo. Ao noso Centro correspóndelle a zona de influencia nº 10
|
CENTRO DE SECUNDARIA Ó QUE ESTÁ ADSCRITO O NOSO CENTRO:
I.E.S. VALADARES
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO
|
- AULA MATINAL
- COMEDOR
- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
|
|
|