DATAS DE ENTREGA DOS CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Benqueridas familias: 

Preparándonos xa para o novo curso, achegámosvos as datas e horas de entrega dos cheques de libros e material escolar para o alumnado de Primaria adxudicatario das axudas. 

Pregamos que colaboredes respectando os horarios establecidos e cumprindo as normas de seguridade e hixiene esixidas pola pandemia (máscara unha vez que se entra no recinto escolar, distancia interpersoal e hixiene de mans). 

Lembrámosvos que os cheques son nominais, e deben ser recollidos polo familiar que o solicitou. En caso de non ser posible, a persoa que veña recollelo deberá traer unha autorización acompañada de DNI. 

 Grazas pola vosa colaboración.

Entrega cheques

 

AdxuntoTamaño
Entrega cheques.pdf31.42 KB