BENVIDOS Ó CURSO 2022-2023

Estimadas familias: 

 

Dámosvos a benvida ó novo curso 2022-2023. Xa esta mañá fixemos o mesmo cos 15 novos mestres e mestras que se incorporan con moita ilusión á nosa escola. Todavía agardamos o nomeamento de 5 substitutos. 

 

Esta mañá estivemos a traballar dende moi cedo ante este novo reto que se nos presenta, adxudicando as distintas titorías, e seguiremos facéndoo ó longo destes días para ter todo a punto de cara á chegada dos cativos e cativas. 

 

Sabemos que estades pendentes de mercar o material dos vosos fillos e fillas. Ante a situación que vos temos exposto pedímosvos un pouco de paciencia. Intentaremos publicar as listaxes antes do sábado. De calquera xeito, estade tranquilos. Non pasará nada se o día 8 non tedes preparado todo o material. 

 

Unha aperta e Feliz curso. 

AXUDAS MUNICIPAS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. CURSO 22-23

 

  • ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: Libros, material escolar e comedor
  • ALUMNADO DE PRIMARIA: Comedor
  • PRAZO: do 12 de xullo ó 9 de agosto
  • MÁIS INFORMACIÓN: vigo.org

REMATOU O CURSO!

 

Despois dun curso intenso, por fin, chegaron as merecidas vacacións. E fixérono xogando e compartindo momentos divertidos. 

Se premedes na imaxe da cabeceira poderedes acceder ó álbum de fotos do día. 

Grazas polo voso agarimo, e... FELIZ VERÁN!

Distribuir contido