FONDOLIBROS: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS E RECLAMACIÓNS

  • Mañá venres día 2 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de axudas concedidas. Pódese consultar de 11:00 a 13:00 horas presencial ou telefonicamente

 

  • As reclamacións pódense presentar en Secretaría o luns 5 e o martes 6 de xullo de 11:00 a 13:00 horas. 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

En e 2º de Primaria, por carecer todavía de profesorado asignado, publicarase a lista de libros de texto no mes de setembrode ser o caso

En e 6º de Primaria, por participar no programa e-dixgal, carecerase de libros de texto

As listaxes de material de todos os niveis publicaranse no mes de setembro.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE PRIMARIA

O día 15 de xuño celebramos un sinxelo pero emotivo acto de graduación do alumnado de 6º curso de Primaria. Deixámosvos aquí algunhas imaxes e momentos. 

Premede na imaxe para acceder ó álbum completo 

 

BOA SORTE NA VOSA NOVA ANDAINA!!

QUENDAS PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Benqueridas familias do novo alumnado:

De cara á vosa organización persoal, e coa intención de evitar masificacións na formalización da matrícula, temos organizado estas quendas. Pedímosvos que intentedes respectalas. 

Para solucionar casuísticas particulares podedes contactar previamente coa Secretaría do centro

Moitas grazas. 

Distribuir contido