Skip to Content

Conmemoracións

O Alborada disfruta do Nadal

Este Nadal no Alborada non paramos.

Non estamos dispostos a que o Coronavirus nos acabe coa alegría de estar xuntos.

Por ese motivo fixemos mil e unha actividades cos nosos pequenos e pequenas.

Entre elas preparamos unha panxoliña coa que queremos felicitarvos estas festas.

Vaia o noso agradecemento para os profes Jimmy, Jose Luís e Belén polo seu esforzo!

 

 

 

 Por se o video non arrinca, velaquí tedes o enlace directo

Non vos perdades :

Algunhas cabazas de Samaín

Asomádevos a ver as nosas cabazas de Samaín. Premede no Enlace

Os profes contan contos para vós

Xa sabedes que os mestres e mestras do cole estámosvos botando moito en falta estes días.

Así pois e con motivo do día do libro queremos aproveitar para contarvos contos e historias, xa que non podemos facelo en directo, gravámolos para vós

Iremos subindoos ao blogue da biblioteca ao longo deste mes e xa tedes uns cantos para poder desfrutar.

Esperamos que vos gusten moitísimo.

 

O NOSO PEQUENO ESPECTÁCULO DE NADAL

Xa se achega o Nadal e este ano quixeramos compartir con vós as actuacións que os pequenos e pequenas están preparando canda os seus mestres/as.

Ditas actuacións terán lugar nos seguintes días:

DIA CURSOS HORARIO DE ACCESO DAS FAMILIAS AO CENTRO
17

Infantil 3 anos

Infantil 4 anos

Infantil 5 anos

9:20

10:30

12:30

18

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de primaria

 

9:20

10:30

12:30

 

O Magosto chegou ao cole

O Magosto chegou de novo ao cole, este ano a chuvia non nos deixou desfrutar dos xogos populares, que quedaron postpostos para cando a meteoroloxía sexa máis agradable.

O que si fixemos foi comer castañiñas ben quentes e desfrutar vendo os trebellos que fixéchedes.

 

 

 

 

O Samaín chegou ao noso cole

 

 

 

Aquí tedes algunhas fotos das nosas cabaciñas, nos próximos días iremos subindo algunhas máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut