Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Informamos que todas as solicitudes de matricula presentadas no noso centro para o curso 24/25 salvo as feitas para QUINTO CURSO DE PRIMARIA foron aceptadas.

 

Moitas grazas polo voso interese e vémonos pronto!

MÁIS PRETO DA PRIMAVERA!

BENQUERIDAS FAMILIAS!

Outra semana máis e outra menos para que chegue a PRIMAVERA!

 

Sen dúbida é a nosa estación preferida xa que a nosa Horta comeza a ter unhas cores MARABILLOSAS e os nosos nenos e nenas teñene máis tempo para disfrutar das actividades ao aire libre.

 

A semana pasada destacaron moitas actividades coma a de PALITROQUES.

Os Ámbitos seguen marcando o ritmo e a Radio sendo o medio onde o noso alumnado da renda solta na busqueda de mestres escondidos e datas importantes...

 

Tedes todas as imaxe na nosa galería. 

APERTAS para todos e moito Ánimo!

  

COMEZAMOS MARZO

Bo día familias!

 

A semana pasada comezamos novo mes e non un mes calquera...

O día 8 de marzo traballamos un día moi especial para o noso centro, O DÍA DA MULLER!

No noso INSTA tedes todas as actividades conmemorativas desta data tan necesaria nos tempos que corren, por suposto seguimos cos Ámbitos, coa nosa Radio, coa HORTA... ESTE COLE NON PARA!

PRAZO DE ADMISIÓN ABERTO!

 

Comeza o plazo de inscripción do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

Aquelas familias que queirades traer aos vosos pequenos/as ao noso colexio tedes

aquí o ENLACE para facer a solicitude e consultar a lexislación vixente.

E neste outro ENLACE, un documento coa información máis relevante.

 

Recordade que tamén podedes realizar a solicitude de forma telemática neste outro ENLACE.

Presentación dos ÁMBITOS

Distribuir contido



by Dr. Radut