A BIBLIOTECA DE LIBRÍN

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

 

Neste curso decidimos reorganizar os fondos da biblioteca para facer a busca de libros máis sinxela e intuitiva e, unha vez postos a revisar os fondos, de paso tamén estamos facendo un expurgo quitando aqueles libros que xa son moi antigos ou están en mal estado.

Comezamos pola sección de consulta, na que organizamos os libros por temáticas atendendo á CDU.

Mirade que chulo nos quedou o recuncho de consulta.

 

 

O RATIÑO PRESUMIDO

 

Con motivo do Dia Internacional das Mulleres 8M, o grupo Trinketrinke teatro representou no salón de actos do colexio unha versión do conto tradicional "A ratiña presumida", no que se fomentan os estereotipos de xénero e as ideas sexistas, dun xeito diferente.

Nesta actividade, á que asistiron os alumnos e alumnas de educación infantil, dáselle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño -o rato Fuco- que disfruta cantando e limpando a súa casa, e para visibilizar a unhas mulleres empoderadas -neste caso animais- que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.

O contacontos foi moi aplaudido polo alumnado e profesorado asistente, e serviunos para traballar a idea de que "todos somos iguais e podemos facer as mesmas cousas"

 

   

NO DÍA DE ROSALÍA COMEMOS CALDO DE GLORIA

 

Polo DÍA DE ROSALÍA non se libraron na cociña de celebrar o día cun xantar especial.

Fixeron o CALDO DE GLORIA.

Mesmo se decorou o comedor para tal ocasión. 

Pedíronse os mantéis co poema de Rosalía MIÑA CASIÑA, MEU LAR, que da pé a facer este caldo tan apetitoso, á FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO para que todos os nenos e nenas puidesen telo e lelo.

PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

 

RECITANDO POEMAS NO DÍA DE ROSALÍA

 

O alumnado de 5ºB recitou uns poemas de Rosalía sacados do Libro do A AO Z CON .... ROSALÍA, da Editorial Everest.

Para o vídeo crearon as súas propias ilustracións.

Agardamos que vos guste!!

RECOMENCACIÓNS PARA FEBREIRO: O MES DE ROSALÍA

AQUÍ VOS DEIXAMOS A VISTA DO NOSO EXPOSITOR DE LECTURAS PARA ESTE MES

VISITA DE EMMA LORENZO CASAS (FÍSICA) POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, invitamos ao noso centro unha MULLER DE CIENCIA:

 

EMMA LORENZO CASAS (FÍSICA) investigadora dende a súa etapa de infantil, que a levou a acadar premios nacionais e internacionais en Secundaria como a participación nunha EXPOCIENCIA en Rusia, finalista en premios científicos de Google e dar charlas no TEDX de xóvenes emprendedores.

 Ademais de contarlles as súas experiencias, fixo varios EXPERIMENTOS.

 

O primeiro deles consistiu en mostralles a importancia da hixiene para evitar infeccións. Para elo tomaron mostras de mans sucias, mans lavadas con xabón e por último con gel hidroalcólico. Nuns día poderán comprobar como proliferaron as bacterias nos distintos casos, un tema tan de actualidade dada a situación que estamos a vivir, que nos obriga a ser moi estritos coa limpeza das nosas mans.

Os outros experimentos foron a elaboración dunhas lámpadas de lava empregando auga, colorante, aceite e pastillas efervescentes, e finalmente, como separar, facilmente, partículas metálicas de partículas areosas.

 

 Rematou a súa charla animando a todo o alumnado a desfrutar da ciencia, pero cunha mensaxe especial para as nenas:

O MUNDO DA CIENCIA TAMÉN É DAS MULLERES!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO COAS FOTOS DO DÍA

EMPATIZANDO COA DIVERSIDADE

 

Co gallo da celebración do DÍA DA DISCAPACIDADE realizáronse no cole unha serie de talleres da man de LIDIA e PATRICIA.

Os máis pequenos tiveron un taller de LINGUAXE DE SIGNOS para coñecer como se comunican as persoas xordas.

Os maiores puxéronse na pel dunha persoa cega. Cuns lentes comprobaron como se sentían vendo pouco ou nada, coñeceron o método BRAILLE para ler e escribir e viron os recursos que pode empregar unha persoa invidente para desprazarse.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

QUEREMOS COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA AS POSTAIS GAÑADORAS DESTE CONCURSO DE NADAL 2021.

MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES! 

FELICES FESTAS!

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

Gala 4º Educación Infantil

 

Elián 5º Educación Infantil Grupo B

 

Mencía 6º Educación Infantil  Grupo B 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Anxo 1º  Educación Primaria Grupo B

 

Xoel 2º Educación Primaria Grupo A

 

Sofía 3º Educación Primaria Grupo B

 

Celeste 4º Educación Primaria 

 

Daniela 5º Educación Primaria Grupo B 

 

Melani 6º Educación Primaria 

Powered by Drupal - Design by artinet