Curso 2021-22

VOLVE O BASKET AND ENGLISH

 

    

 

Durante este curso volvemos contar coa actividade BASKET AND ENGLISH promovida polo Concello de Ourense e impartida por Will Ladson, xogador americano profesional que leva anos adicándose ao ensino do basket combinado coa lingua inglesa. 

 

Actividade que sempre é ben acollida polos rapaces e rapazas e coa que se pretende fomentar o exercicio físico dun deporte de equipo e o ensino da lingua inglesa de forma lúdica.

 

Un ano máis gozará desta actividade  o alumnado de 2º A e 2º B despois do xantar. Os luns tócalle a 2ºA e os venres a 2ºB.

 

Mmmmmm que ricas galletas!!!

 

O martes día 5 o alumnado de 6º curso de infantil participou nunha actividade lúdico-educativa. Dúas alumnas do Grao de Educación Infantil desenvolveron un traballo de innovación e investigación na materia de Educación para a Saúde co alumnado de 5 anos A e B.

 

Arianna e Ana Isabel levaron á práctica unha breve proposta educativa cos nenos e nenas sobre a temática de educación para a saúde.

 

E, remataron cunha proposta divertida e saudable "Galletas de avena". O alumnado pelou e machacou os plátanos co tenedor e despois engadiulle a avena. Unha vez feita a mestura fixeron bolas e aplastáronas un pouco para darlle forma de galleta.

Posteriormente as mestras levarno as galletas ao forno do comedor. Poucos minutos despois as galletas arrecendían. como xa era tarde para comalas, leváronas para merendar na casa.

 

Bo proveito!!

 

     

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO DÍA

A SUPERCOMPUTACIÓN NA TÚA VIDA

 

O pasado venres, 24 de setembro os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria gozaron dunha charla sobre "A Supercomputación na túa vida".

A exposición, foi en rede e estaba organizada polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) no marco da  “G-NIGHT” (Noite Galega das Persoas Investigadoras)

 

Tratábase dunha actividade deseñada  para que o alumnado aprenda que é e como fan uso da Intelixencia Artificial e do Big Data nas súas vidas. 

As nosas alumnas e alumnos puideron coñecer de primeira man os seguintes contidos: 

  • Que é un supercomputador
  • Como é o supercomputador FinisTerrae instalado no Centro de Supercomputación de Galicia
  • Que é a Intelixencia Artificial e o Big Data e usos destas tecnoloxías no día a día.

 

O ALBINO E AS TIC

 

"O ALBINO E AS TIC" é o título que lle demos a este proxecto que se enmarca dentro do Plan Proxecta: Rapazas Emprendedoras nas TIC. 

A través deste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e contidos que vaian xurdindo no marco deste plan, a través do cal, pretendemos fomentar aptitudes e actitudes encamiñadas a acadar unha axeitada competencia dixital no noso alumnado, facendo especial fincapé na formación e empoderamento das nosas alumnas.

Alén disto, tamén queremos aproveitar para promover valores como a igualdade, a integración, a empatía, a tolerancia e o respecto.

Achegar unha visión libre de prexuízos e mitos do eido científico-tecnolóxico co gallo de fomentar a participación e a integración das mulleres no mesmo e camiñar cara a redución da fenda dixital de xénero é un dos alicerces nos que se basea este traballo. 

O NOSO COLE NA PRENSA

HOXE SAIMOS NO SUPLEMENTO - XORNAL ESCOLAR - DA REGIÓN 

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O ARQUIVO

COMEZO CURSO ED. INFANTIL 3 ANOS

Estimadas familias dos alumnos e alumnas de 3 anos que comezan no noso centro a súa primeira etapa escolar: comunicámoslles que o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 10:30 da mañá, haberá unha reunión no colexio para informalos do período de adaptación e doutras normas do centro. 

Á citada reunión, por mor das restricións sanitarias, só poderá acudir un membro de cada familia e prégase por favor, que non traian aos nenos e/ou nenas. 

No seguintes enlaces poden consultar os horarios e quendas do período de adaptación, a lista de material e un tríptico con recomendacións sobre a incorporación ao colexio do alumnado de 3 anos:

- PERÍODO DE ADAPTACIÓN

- LISTA DE MATERIAL

- ENTRAMOS NA ESCOLA 

Powered by Drupal - Design by artinet