Ademais de observar e aprender cousas sobre as nabizas e os grelos, sementamos algunhas leitugas. Tamén puxemos millo nun comedeiro para paxaros. Buscamos cores de outono e recordamos como se din en inglés (brown, red, orange, green, yellow...), a practicar o plurilingüismo ...!
O horto dos amigos de Cardio
TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTAMOS REPOLOS E... ALEGRÍAS!
Ademais recollemos produtos da horta (pementos, tomates...) para o banco de alimentos. Comprobamos as follas das acelgas (sas e enfermas), algunhas estaban queimadas ou comidas polos inimigos das plantas.Tamén plantamos carabuñas de pexegos e alegrías, flores de cores vistosas, que imos coidar e logo levar para a casa.
TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS PEXEGOS E RECOLLEMOS FROITOS
A semana pasada xa comezamos o traballo no noso horto, observamos o que quedaba das colleitas (que xa foran recollidas no verán e repartidas entre as familias máis necesitadas) e probamos os tomates que aínda quedaban. Esta semana empezamos co traballo forte: plantar pexegos (un excelente amigo de Cardio), begonias para o noso xardín dos sentidos e recollemos froitos...
(Preme na primeira imaxe e coñecerás os beneficios dos pexegos e doutros froitos...)