Outras datas sinaladas

MAIOS 2017

Por iniciativa da ANPA, este ano participamos na tradicional festa dos MAIOS que se celebrou na cidade de Ourense o pasado domingo, 7 de maio.

Nais e pais da asociación realizaron un primeiro maio na categoría de "maio artístico": "A BARQUIÑA". Na categoría de "maio tradicional" realizaron outro no que colaboraron os nenos e nenas da ECOPATRULLA: "O PIRULIÑO DAS ECOMAÑÁS". 

Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou nas aulas as tradicionais coplas que acompañan os maios e que fan referencia aos acontecementos do ano.  

 

Ao longo da xornada, nenos e nenas do cole acompañados polas súas familias acudiron a ver os maios do cole e colaboraron no canto das coplas:

 

Na edición impresa do xornal LA REGIÓN do luns 8 de maio, nunha reportaxe sobre a celebración dos maios, como non, aparecen as fotografías dos dous maios.

 

Tamén no blog do proxecto de VOZ NATURA deste curso "Reciclamos lixo co mellor sorriso" podedes ver máis imaxes e información sobre esta actividade.Premede no seguinte enlace: 

 - FIXEMOS OS NOSOS MAIOS 

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017

Ademais de celebrar o DÍA MUNDIAL DA METEREOLOXÍA (23 de marzo), na semana do 20 ao 24 de marzo realizamos ademais outras actividades relacionadas co DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES (21 de marzo) e o DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 de marzo)

Entre elas destacamos a visita de Anxo Moure ao noso centro que realizou varias sesións de contacontos para todo o alumnado do centro. 

Premede nas imaxes para obter máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca escolar:

 

A segunda actividade que destacamos foi a plantación de árbores, concretamente castiñeiros, en diversas zonas do patio do colexio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria plantaron cinco castiñeiros aos que apadriñaron, encargándose a partir de agora do seu coidado e de observar como van medrando.  

 Alumnos de 5º A e 5º B con OURICÍN           Alumnos de 6º con SEXTIÑEIRO

  Os nenos de 3º A con CASTI                       Nenos e nenas de 3º B con OURIZ

Alumnos e alumnas de 4º con ROZABALES 

 

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2016

O día 21 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o 22 de marzo o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e un ano máis no noso cole quixemos celebrar estas datas tan sinaladas a través de varias propostas. Dende o Proxecto de Voz Natura xa se realizou ao longo do mes de febreiro e marzo a actividade "Grazas por adoptarme" na que os nenos e nenas levaron para as súas casas pequenos brotes de carballos plantados en "tetra-bricks" co fin de transplantalos e coidalosTamén comezou a "Viaxe de Narigota" (a mascota da auga) polos diferentes fogares para concienciar sobre o aforro da auga mediante unha serie de consellos na seu caderno viaxeiro.

Ademais participamos na actividade promovida pola Deputación de Ourense "2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA". Ao longo da semana do 13 ao 18 de marzo os alumnos e alumnas de 6º, 5º, 4º e 3º  de primaria, despois da lectura do libro facilitado pola Deputación: "DONA PINGA E DON CARBALLO FAN AMIZADE", realizaron diversas actividades baseadas na historia que xiraba en torno a figura dunha pinga, unha landra e un carballo e os ciclos da auga e das árbores. 

Estas actividades remataban o día 18 de marzo coa plantación de cinco carballos en diferentes zonas do patio do colexio. Por mor do mal tempo tivemos que pospoñer a citada plantación, que realizamos á volta das vacacións de Semana Santa. 

Na seguinte presentación veredes as fotos do día que fixemos as plantacións e os nomes que elexiron os propios alumnos/as para as árbores que, a partir de agora, se encargarán de protexer e coidar. 

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

O día 21 de marzo celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o 22 de marzo o DÍA MUNDIAL DA AUGA, dúas datas que no noso cole recordamos dun xeito especial pois un dos obxectivos que pretendemos é o de concienciar aos nosos alumnos/as no coidado e respecto do medio ambiente. 

Este curso sumámonos á iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Ourense denominada:

 

Semana Escolar da Árbore e a Auga

No centro recibimos unha serie de materiais didácticos para traballar a importancia dos bosques e da auga. A partir dun libro (cunha historia de ficción, onde se relacionan os ciclos da auga e das árbores, facendo fincapé na mitoloxía, na riqueza forestal e nas augas termais da nosa provincia), os nenos/as realizarán diferentes actividades ao longo desta semana.

 

Tamén recibimos catro exemplares de acivro para plantar no recinto escolar. Este martes, 24 de marzo, fixemos a plantación. Cada acivro foi apadriñado por un curso ou grupo de alumnos/as os cales lle puxeron un nome. Despois de plantalo e de regalo por primeira vez, colocaron ao lado de cada árbore un cartel co seu nome. Agora cada grupo será o encargado do seu coidado.

                                                

                                

                                                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet