Samaín

SAMAIN/ HALLOWEEN 2016

 

Xa chegou de novo a celebración máis "terrorífica" do ano: O SAMAÍN - HALLOWEEN. O SAMAÍN non é unha copia do famoso HALLOWEEN, senón que provén dunha antiga tradición de orixe celta que existiu en Galicia pero que levaba anos olvidada. Foi un mestre de Cedeira, Rafael López Loureiro, o que a recuperou. Se queredes saber un pouco máis desta festa, o seu significado e as súas orixes, podedes visualizar a seguinte presentación realizada polo IES Pedro Floriani (Redondela):

Tanto en educación infantil como en primaria realizáronse distintas actividades sobre o SAMAÍN (e HALLOWEEN nas clases de inglés). Na seguinte presentación tedes a mostra dalgunha delas:

Realizaron pantasmas "reciclados" feitos con botes e pratos de plástico os pequenos/as de infantil, decoráronse portas terroríficas, realizouse un taller de cabazas promovido polo equipo da bilbioteca escolar que tamén convocou un concurso de contos de medo e realizou unha exposicións de libros coa temática do "medo" como fondo. Bólas "anti-estrés" con globos e fariña e decoradas con caras de monstruos fixeron os alumnos/as de 3º e 4º de primaria. Marcapáxinas e móbiles os nenos e nenas de 1º e 2º. Jamie, a nosa auxiliar de conversa preparou unha presentación sobre como viven a festa de Halloween en Tenneesse, o seu estado americano de orixe. 

Alumnos /as de 6º realizaron uns divertidos esqueletos con bastonciños de algodón... ata os pequenos e pequenas do servizo de madrugadores decoraron tarros de cristal, castañas e pinzas con motivos "terroríficos". Coma sempre, non faltou a decoración e ambientación por todo o colexio.

 

SAMAÍN- HALLOWEEN 2015

Un ano máis xa chegou o día do SAMAÍN - HALLOWEEN, e nocole fixemos diferentes tipos de actividades relacionadas con esta data.

Os alumnos/as de Educación Infantil traballaron unha unidade didáctica sobre o Samaín e plasmaron con distintas técnicas o mundo "dos seres terroríficos" (pintaron pedras, fixeron banderíns, pintaron rolos de papel, confeccionaron carautas...)  

Nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traballaron na área de plástica (materia impartida en inglés) a festividade de Halloween e confeccionaron cabazas con cartolina. En 4º de Educación Primaria xogaron cos famosos "hama-beads" para realizar caveiras, bruxas..., 

Samantha, a nosa auxiliar de conversa, realizou presentacións adaptadas aos distintos niveis (2º, 3º, 4º 5º e 6º de primaria), para ensinarlles aos alumnos/as como se celebra a festividade de Halloween, ademais de xogos, cancións... e realizou tamén un concurso para todos os alumnos/as de primaria do cole.

E por suposto na biblioteca do centro non faltaron as actividades relacionadas con estas celebracións: concurso de carteis sobre os personaxes malvados dos contos, taller de confección de cabazas, terceira edición do concurso de contos de medo e unha ampla exposición dos fondos existentes na biblioteca relacionados con esta temática.  

E como sempre non faltou a decoración en todo o colexio: murais, debuxos, guirnadas... polas aulas e corredores!!

 

No deixedes de visitar o blog da biblioteca escolar, os blogs de infantil, o de inglés e o blog de dinamización da lingua galega, alí podedes atopar máis información e/ou imaxes sobre esta celebración. 

SAMAÍN - HALLOWEEN 2014

CELEBRACIÓN "TERRORÍFICA"  DO SAMAÍN-HALLOWEEN

Coma todos os anos no colexio celebramos esta data con variedade de actividades. Na biblioteca escolar realizouse un taller de adorno de cabazas e un concurso de contos de medo, ademais de exposicións de libros e proxección dunha película sobre este tema. Erika, a nosa auxiliar de conversa, fixo unha presentación sobre a celebración de Halloween en Estados Unidos que lles ensionu aos nenos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, ademais dalgunha canción e un xogo; nas clases de inglés, os nenos/as tamén fixeron manualidades. Os cativos de educación infantil traballaron unha unidade didáctica sobre o Samaín e realizaron antifaces e distintas manualidades, e non faltou o famoso conto "Corre, corre cabaciña". En 2º de primaria desenvolveron a súa creativade coa confección de "monstros" con rolos de papel...  No blog da biblioteca, do departamento de inglés, das aulas de infantil, podedes ver algunha destas actividades.

E NON FALTOU A DECORACIÓN EN TODO O COLEXIO!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet