Entroido

DÍA GRANDE DO ENTROIDO 2020

E por fin chegou o esperado día do desfile do ENTROIDO no cole. 

STOP CAMBIO CLIMÁTICO FOI O TEMA ELEXIDO

POIS COA COIDADO DA NATUREZA ESTAMOS COMPROMETIDOS!!

PI, PI, COMO CONTAMINAMOS! - Unha das primeiras causas do quecemento global é a contaminación polas emisións de dióxido de carbono que danan a capa de ozono que protexe a Terra.  Os medios de transporte son un dos grandes emisores destes gases…

OS DE PRIMEIRO COS SEUS COCHES ESPECTACULARES

VAN CONTAMINANDO CIDADES, ALDEAS E LUGARES

POR TODAS PARTES, RUÍDOS E POLUCIÓN,

ISO XA NON QUEREMOS, NON, NON.  

 

CO QUECEMENTO GLOBAL, MÁIS GRANDE O VENDAVAL - Como consecuencia da expulsión de gases por parte de coches, industrias, barcos, avións… estase producindo un quentamento global da Terra que provoca que cada día en algún lugar do mundo se produzan catástofres naturais...

COMO VEÑEN OS DE SEXTO DESPOIS DO GRAN VENDAVAL,

ONDAS DE METROS, VENTOS FURACANADOS, VAIA TEMPORAL!

BORRASCAS, TREBOADAS, CICLOXÉNESES E “DANAS”,

CAUSAN PERDAS DE VIDAS E ESTRAGOS TODAS AS SEMANAS.!!

 

NO VERÁN VAI FRÍO, NO INVERNO VAI CALOR - As estacións tamén están cambiando,  todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles…

A RAPAZADA DE QUINTO NON SABE QUE ROUPA PÓR,

NO INVERNO VAI FRÍO, NO VERÁN VAI CALOR,

MIÑA NAI, QUE POÑO HOXE, CHOVERÁ OU SAIRÁ O SOL?

ABRIGO, BUFANDA, SANDALIAS, PARAUGAS OU PARASOL?? 

 

AUGAS CONTAMINADAS - Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos, e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…  

OS CATIVOS DE CATRO ANOS, POBRIÑOS COMO VAN,

AS AUGAS CONTAMINADAS QUE MÁGOA DAN!!

OS PESCADORES PESCAN LIXO NAS SÚAS CANAS E REDES

PLÁSTICOS E PORCALLADA NAS AUGAS VEREDES!!

 

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN - Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies...

PEQUENOS E PEQUENAS DE 5 E 3 ANOS, VEÑEN COA SÚA REINVIDICACIÓN:

QUE SE PROTEXAN AOS ANIMAIS E SE PARE A SÚA EXTINCIÓN!!

OS ICEBERGS DERRÉTESEN NOS POLOS E OS PINGÜÍNS DESAPARECEN, 

OS KOALAS NAS SELVAS DE AUSTRALIA COA FORTE SEQUÍA ESMORECEN...

 

 

Paremos xa este cambio, aínda estamos a tempo de rectificar.

Na escola, na casa, na aldea e na cidade temos que empezar,

Busquemos entre todos solucións, o noso planeta hai que salvar.

Reducir, reutilizar, recuperar e reciclar xa sen tardar!!

 

 

MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES - Estamos esgotando os recursos da Terra, temos

que utilizar outras enerxías alternativas que ademais non contaminen…

NENOS E NENAS DE TERCEIRO XA ATOPARON SOLUCIÓN,

ENERXÍAS RENOVABLES PARARÁN A POLUCIÓN!!

A ENERXÍA LIMPA DA AUGA, DO SOL E DO VENTO

UTILIZAREMOS PARA PARAR ESTE QUECEMENTO!!

 

 

DAMAS E CABALEIROS RECICLADOS - Nas nosas mans tamén están actuacións

que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar

coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar…

CABALEIROS E DAMAS DE CUARTO VAN MOI AXEITADIÑOS,

CON ROUPA REUSADA, PAPEIS E CDS, QUE BEN VESTIDIÑOS!!

MERCAR E MERCAR, TEN QUE ACABAR

REUTILIZAR E RECUPERAR, CANTO PODE AXUDAR!!!

 

 

COMANDO RECICLAXE - Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos

refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías…

QUE SOLUCIÓN NOS TRAEN OS DE SEGUNDO!!

RECUPERAR E RECICLAR PODEMOS TODO O MUNDO!!

PAPEL E CARTÓN, VIDRO E MEDICAMENTOS , 

ROUPA, PLÁSTICOS E PILAS, RECICLAREMOS A CENTOS!! 

 

 

 

Ao rematar o noso desfile cantamos e bailamos a canción de MACACO titulada MOVING que é unha chamada para sensibilizarnos sobre o coidado do planeta Terra no que vivimos. E que di que todos xuntos podemos acadar o soño, que pequenos movementos e accións individuais ao unirse poden provocar reaccións e repercusións globais, a unión de todos pode axudar a salvar á Nai Terra. 

 

SEMANA DO MECO 2020

Rematado o Entroido, deixámosvos as imaxes da semana coas ORDES DO MECO. Coma todos os anos os nenos e as nenas foron moi obedientes e seguiron ao pé da letra os mandados do MECO, enchendo de cor e alegría aulas e corredores. Aquí tedes as imaxes maís representativas:

1- O luns no cole, vaia invasión tivemos de deportistas...

ximnastas, tenistas, corredores, atletas e moreas de futbolistas!!

2- O martes preguntamos... que vos gustaría ser de maiores?

Bombeiros, policías, cociñeiros, panadeiros...  ou pintores?

3- O mércores os pacifistas "hippies" encheron todo de cores...

gafas, cintas, pantalóns e camisas cheas de flores!

4- O venres como  temos que deixar de malgastar 

un disfrace antigo todos tivemos que volver a usar!!

 

 

 

ENTROIDO 2020: DESFILE

 

 

 

 

 

 

                    ENTROIDO

O VINDEIRO VENRES, 21 DE FEBREIRO,  CELEBRAREMOS O TRADICIONAL DESFILE DO ENTROIDO.

TODAS AS FAMILIAS ESTADES INVITADAS A VERNOS DESFILAR. 

ESTE ANO O TEMA SERÁ:

         STOP CAMBIO CLIMÁTICO

 

          ESPERÁMOSVOS ÁS 12:15 DO MEDIODÍA

 

 

 

 

 

 

ORDES DO MECO 2020

E comezamos a semana do entroido coas tradicionais ORDES DO MECO, atentos, comezamos o LUNS vestidos dalgún DEPORTE  e remataremos o venres co noso desfile STOP CAMBIO CLIMÁTICO!!!

 

DÍA GRANDE DO ENTROIDO 2019

"O NOSO BOSQUE FOI ESTRAGADO, QUEIMADO...

TEREMOS QUE LOITAR PARA QUE SEXA SALVADO 

E VOLVER A CONVERTILO NUN BOSQUE ANIMADO"

Por iso neste entroido mouchos, curuxas, fadas,

trasnos, excursionistas, ninfas, lobos... foron desfilando

e... "QUE VOLVA AO BOSQUE A VIDA" ían cantando.  

1. Os trasnos xoguetóns brincan e bulen, 

correndo polo bosque, escapan do lume.

2. O bosque está en cinzas, negro, queimado...

loitaremos xuntos para poder reanimalo.

3. Lobos ouvean no medio da noite escura

feridos e tristes buscan do bosque a cura.

4. Os mouchos queren que volva á fraga a vida

animándoa coa súa vistosa plumaxe colorida. 

5. As ninfas que coidan das árbores, plantas e flores,

limpan os ríos, os regatos e as fontes.

6. Tamén as etéreas fadas, gardiás da natureza,          

percorren soutos, fragas...devolvéndolles a súa beleza.

7. Polas carballeiras excursionistas van camiñando...

observando, limpando e o monte coidando. 

8. Os leñadores amantes das árbores nosas

cortan o eucalipto e repoboan con especies autóctonas. 

9. Ata novos "Robin Hood" queren unirse á nosa loita

"COIDA A NATUREZA" xa todo o mundo escoita. 

 

O noso entroido nos xornais impresos:

LA VOZ DE GALICIA:

FARO DE VIGO:

LA REGIÓN:
 
 
 
E nas edicións dixitais:
 
                                        GALERÍA DE FOTOS
 
 
 
 

ENTROIDO 2019: ORDES DO MECO

E comezamos a semana máis "entroideira" do ano cos mandadiños do noso meco, que todos os nenos e nenas do cole cumpriron á perfección:

1- O LUNS, cansados de troulear a fin de semana.. custa erguerse da cama

pois non se diga máis... imos todos ao cole en pixama!!


 2- O MARTES soñamos con viaxar: Francia, China, México, Xapón...

    que bonitos países para ir de vacacións!!

 

3- O MÉRCORES sufrimos unha invasión: princesas, superheroes, Mario, Brancaneves...

... todos os personaxes de ficción que imaxinedes!! 

4- E por último O XOVES non paramos de cantar e bailar...

iso si... só bo rock and roll  a rabiar!!!

 

ENTROIDO 2019: ORDES DO MECO

E comezamos a semana do entroido coas tradicionais ORDES DO MECO, atentos, comezamos o LUNS vestidos con PIXAMA e remataremos o venres co noso desfile do BOSQUE ANIMADO!!!

 

ENTROIDO 2018: DESFILE

Auga, pedra, sabedoría e terra, ese é o noso lema

o noso patrimonio queremos reinvindicar,

por iso os oficios foi o noso tema 

que neste entroido ledo quixemos festexar.

 

                   1.Labregas e labregos foron os primeiros, 

                             traballaron sen descanso montes, eidos e lameiros.

                            2.Leiteiros e leiteiras vendían o leite

                    de casa en casa, máis preciado co aceite!.                       

                          3.Panadeiras e panadeiros sempre amasando a fariña, 

      do forno sacaban pan, bica e rica empanadiña.

4.Carboeiros e carboeiras carrexando o carbón,

levaban roupa e cara coma un negro tizón.        

 5.En romarías e festas, músicos e cantores, 

alegraban á xente e aliviaban as súas dores.                     

                  6.Muíñeiros e muíñeiras con sacos e cestiñas         

                                carrexaban o millo e á volta as fariñas.

                   7.Boas costureiras e bos zapateiros,                     

                   procuraban finas damas e fachendosos cabaleiros. 

                       8.Ao gando coidaban granxeiros e granxeiras,                    

                    co que logo trataban nos pobos e nas feiras.

                        9.Carpinteiros e lavandeiras, iso si que era traballar,

                   co martelo e coa tina, cravar e lavar, cravar e lavar... 

   

  O NOSO ENTROIDO NOS XORNAIS:

- Edición dixital de La Voz de Galicia.

- Edición dixital de Faro de Vigo

(Premede nos enlaces)

E nas seguintes edicións impresas:  FARO DE VIGO (sábado, 10 febreiro 2018)

LA REGIÓN- XORNAL ESCOLAR (xoves, 15 febreiro 2018)

ENTROIDO 2018: AS ORDES DO MECO

E un ano máis o meco puxo os seus mandados que este ano foron un pouco especiais, en vez de pedir unha prenda o primeiro día e ir engadir outras, impuxo un disfrace distinto cada día. Miña nai nunca tanto disfrace no cole se vira!!!

1º DÍA: Deportistas luciron as súas vestimentas: ximnastas, corredores, xinetes, bailarinas, tenistas, nadadores, boxeadores, ciclistas... pero coma sempre, gañaron en número... os futbolistas!!!

2º DÍA: Pallasos coas súas perrucas de cores, os seus narices gordos e colorados e as súas roupas de chamativos cores...  enchían de risas aulas e corredores!!

3º DÍA: Trapos, vasoiras, fregonas, luvas, deterxente... a poñer o mandil e deixar todo relucente!!!

4º DÍA: Adiantouse o verán e imos á praia: cubos, pas, bañadores, pelotas, toallas, bronceadores.. ah! e non te esquezas dos flotadores!!

 

XOVES DE COMADRES 2018

Nunha nova anterior informamos da realización no centro dun obradoiro de comadres e compadres que realizaron os nenos e nenas de 1º de primaria. Como complemento a esta actividade, o xoves, 8 de febreiro, estes mesmos nenos acudiron á Praza Maior de Ourense para correr o tradicional xoves de comadres xunto con outros alumnos e alumnas doutros centros da nosa cidade.

Nesta tradición típica do entroido (complemento do xoves de compadres celebrado o xoves anterior), as nenas corren detrás dos nenos para arrebatarlles as bonecas ou comadres que os nenos realizaran para burlarse delas. Empezaron primeiro bailando e cantando ao ritmo marcado polos animadores do Concello de Ourense, logo, coma sempre, rapaces e rapazas correron sen descanso, librando unha singular batalla que remata coas bonecas esnaquizadas e rotas en mil pedazos entre a ledicia dos que saían triunfantes. 

Na seguinte presentación tedes unhas fotos da carreira na Praza Maior:

  No xornal LA REGIÓN fíxéronse eco desta actividade:

E no informativo da TVG tamén comentaron esta nova, facéndolles preguntas a varios nenos/as, entre eles, a Nicolás de 1º do noso centro:

- TELEVISIÓN DE GALICIA 

  

Powered by Drupal - Design by artinet