EDLG: Actividades

#MOLACARVALHO

Damos as grazas a todas as familias e restantes membros da nosa comunidade educativa que se sumaron unha vez máis a unha das nosas iniciativas: a de rendir o noso pequeno homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO, autor ao que se lle dedicou este ano 2020 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e que, por culpa das circunstancias actuais, celebramos dende as casas.

Destacar que o hastag máis usado foi "#aspitasbaixoachoiva", en referencia ao conto do mesmo título que escribiu Ricardo Carvalho, no que narra lembranzas da súa nenez na aldea.  

LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS DE SABELA GAGO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a actriz e gran contadora de contos Sabela Gago envíounos outra historia para todos os pequenos e pequenas do colexio: DEZ ERAN DEZ, de Xoán Babarro.  

E outra sorpresa: ideas para facer xoaniñas coma as que aparecen no conto anterior!
   
GRAZAS UNHA VEZ MÁIS SABELA POLO TEU AGASALLO!!

LETRAS GALEGAS 2020

EquipdDinamización dLinguGalega

 Día das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero

Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñémosvos unha actividade para realizar nas vosas casas. Buscade unha camiseta que xa non usedes nos vosos armarios e estampade nela, co, Hagstag # diante, unha palabra, frase, título do conto, debuxo… da bibliografía de Ricardo Carballo Calero, o escritor homenaxeado este ano.

Por exemplo: #Carballo, #Calero#CatrotroPezas, #Scórpio,….

Podedes buscar na Internet información sobre o escritor e poñer a palabra, frase,

debuxo... que máis vos guste, e estampala na vosa camiseta.

Animádevos a compartir as fotos connosco e co resto dos compañeir@s.

Correo electrónico: albinogalego14@gmail.com   Grazas de antemán pola vosa   

colaboración.

Tedes de prazo ata o 20 de maio para mandar as vosas fotos!! 

LETRAS GALEGAS 2019

A celebración das LETRAS GALEGAS foi este ano dedicada á figura de ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, defensor da lingua e da cultura galega. No colexio quixemos renderlle a nosa pequena homenaxe coa celebración dun festival o pasado 16 de maio. Escoitamos cantigas que recolleu na súa famosa obra Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade, o famoso casamento da pulga (peza tamén recollida no citado cancioneiro), algunha canción inspirada nalgún episodio da súa vida e outras cancións e ritmos máis modernos.

Na seguinte presentación podedes ver os vídeos das diferentes actuacións: 

(PREMEDE NOS SÍMBOLOS  E PASADE AS DIFERENTES PÁXINAS)

LETRAS GALEGAS 2018

O pasado 16 de maio un ano máis celebramos cun festival o remate das actividades que con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  estivemos realizando ao longo deste mes. Participaron todos os niveis e cursos con cancións, bailes, representacións teatrais, ou recitados, nesta xornada festiva que compartimos todos xuntos con ilusión e ledicia.

(Premede en cada pequeno corazón para visualizar as distintas presentacións de imaxes)

#AbrideAFiestra

Un ano máis no noso centro conmemoramos con diversas actividades a data do 24 de febreiro, aniversario do nacemento da gran escritora Rosalía de Castro. Así mesmo unímonos á iniciativa promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que este curso co denominación  #AbrideAFiestra  convida "á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo". 

 Aquí tedes o enlace ao manifesto que cada ano escribe un escritor ou escritora galego/a ensalzando a súa figura e a súa obra  e  que este ano redactou María Reimóndez: "Rosalía é o refacho que busca abrir as nosas fiestras... ", di entre outras cousas. 

-Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a Fiestra 

E no blog da biblioteca do centro tedes máis información sobre Rosalía e as actividades realizadas:

- Blog biblioteca 

 

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 19 de maio rematamos a semana adicada as LETRAS GALEGAS cun pequeno festival onde os nenos e nenas de todos os cursos demostraron as súas habilidades como cantantes, actores, bailaríns, rapeiros... . Foi a culminación do traballo desenvolvido nas aulas, ao longo de varias semanas, onde se traballaron as propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo da Biblioteca Escolar. Este ano tivo unha especial relevancia a figura do autor homenaxeado este 2017: CARLOS CASARES MOURIÑO, escritor ourensá, que non se esqueceu dos máis pequenos e escribiu varias obras para eles, entre elas AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS, obra teatral que escenificaron con monicreques de papel un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria. 

 

L

E

T

R

A

S

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

7  

 

Premede na imaxe para acceder ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para ter máis información e ver a galería de fotos

LETRAS GALEGAS 2016

O xoves 19 de maio rematamos no cole a semana adicada á nosa lingua cun pequeno festival onde recordamos a figura do escritor MANUEL MARÍA, escritor ao que se adica este ano 2016 o día das LETRAS GALEGAS. Participaron rapaces e rapazas de todos os cursos que quixeron rendir o seu pequeno homenaxe ao poeta da Terra Chá que non se olvidou dos máis pequenos/as e escribiu tamén para eles. 

L

E

T

R

A

 S 

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

6

 

 (Premede nas imaxes para acceder a máis información no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega)

LETRAS GALEGAS 2015

Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este venres, 15 de maio, tivemos un pequeno festival de recitado de poesías e cantigas para culminar así esta semana de adicación a lingua galega e, en especial, ao autor homenaxeado este ano XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE. Nas aulas traballáronse as actividades propostas polo Equipo de dinamización da lingua galega e polo Equipo de dinamización da biblioteca escolar e quixemos rematar con esta celebración festiva conxunta. 

L

E

T

R

A

S

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

5

                                 (Para saber máis premede nas imaxes para ir ao blog do Euipo de dinamización da lingua galega)

LETRAS GALEGAS 2014

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, ademais do traballo que se realizou a nivel de aula, na biblioteca do centro realizamos por ciclos unha serie de actos centrados na figura do autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.

No blog da biblioteca tedes máis información sobre esta pequena homenaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet