EDLG: Actividades

DÍA DA BIBLIOTECA CO CONTACONTOS CELSO FERNÁNDEZ SANMARTIN

 

O domingo 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Para conmemoralo, o venres 22, recibimos a visita de Celso Fernández Sanmartin, un coñecido poeta e artista de Lalín.

 

Celso é un contador de contos e historias de vida tradicional que adapta para dirixilas a distintos públicos.

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar da orixinalidade das súas historias, algunhas delas transmitidas pola súa avoa.

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

ENQUISA

Estimadas familias:

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos determinar a situación socilingüística da nosa comunidade educativa. É por iso que precisamos da vosa colaboración cubrindo a enquisa que atoparedes premendo na seguinte ligazón:

 

ENQUISA FAMILIAS

 

A enquisa é anónima, polo que pregamos que a cubrades coa maior sinceridade posible.

 

CONCURSOS PARA SAMAÍN

 

 

 

 

Dende o Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñémosvos os seguintes concursos, que agardamos vos gusten moito.

Animádevos a participar!

MAIOS 2021

Unha das festas típicas de Galicia, e en especial da nosa cidade, é a dos Maios, festa que se remonta á época prerromana e na que se exalta a natureza ao comezo da primavera.  Como xa sabedes, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propuxo á  comunidade educativa a realización dun maio, pero este ano, debido á situación de pandemia pola que estamos pasando, a proposta foi algo distinta ao maio tradicional: cada neno e nena levou para a súa casa un modelo en cartolina coa forma do maio de tipo "enxebre" piramidal para adornalo libremente. A decoración foi moi variada: algúns simplemente pintados, pero a maioría cubertos con follas, flores, plantas, cascas de laranxa, bugallos, pétalos... imitando os maios tradicionais. 

Unha vez máis, moitas grazas ás familias pola colaboración prestada, neste caso ademais para seguir mantendo viva unha tradición do noso pobo e da nosa cultura. 

Ollade a seguinte presentación: 

 

CONTAMOS DENDE A CASA - LETRAS GALEGAS 2020

Na seguinte presentación xa podedes ver e escoitar as historias que dende as súas casas nos contan os nenos e as nenas nesta celebración tan atípica do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.  Esperamos que vos gusten!!

Premede no símbolo  para pasar as diferentes páxinas e logo facede clic no título de cada conto para visualizalo.

#MOLACARVALHO

Damos as grazas a todas as familias e restantes membros da nosa comunidade educativa que se sumaron unha vez máis a unha das nosas iniciativas: a de rendir o noso pequeno homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO, autor ao que se lle dedicou este ano 2020 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e que, por culpa das circunstancias actuais, celebramos dende as casas.

Destacar que o hastag máis usado foi "#aspitasbaixoachoiva", en referencia ao conto do mesmo título que escribiu Ricardo Carvalho, no que narra lembranzas da súa nenez na aldea.  

LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS DE SABELA GAGO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a actriz e gran contadora de contos Sabela Gago envíounos outra historia para todos os pequenos e pequenas do colexio: DEZ ERAN DEZ, de Xoán Babarro.  

E outra sorpresa: ideas para facer xoaniñas coma as que aparecen no conto anterior!
   
GRAZAS UNHA VEZ MÁIS SABELA POLO TEU AGASALLO!!

LETRAS GALEGAS 2020

EquipdDinamización dLinguGalega

 Día das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero

Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñémosvos unha actividade para realizar nas vosas casas. Buscade unha camiseta que xa non usedes nos vosos armarios e estampade nela, co, Hagstag # diante, unha palabra, frase, título do conto, debuxo… da bibliografía de Ricardo Carballo Calero, o escritor homenaxeado este ano.

Por exemplo: #Carballo, #Calero#CatrotroPezas, #Scórpio,….

Podedes buscar na Internet información sobre o escritor e poñer a palabra, frase,

debuxo... que máis vos guste, e estampala na vosa camiseta.

Animádevos a compartir as fotos connosco e co resto dos compañeir@s.

Correo electrónico: albinogalego14@gmail.com   Grazas de antemán pola vosa   

colaboración.

Tedes de prazo ata o 20 de maio para mandar as vosas fotos!! 

LETRAS GALEGAS 2019

A celebración das LETRAS GALEGAS foi este ano dedicada á figura de ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, defensor da lingua e da cultura galega. No colexio quixemos renderlle a nosa pequena homenaxe coa celebración dun festival o pasado 16 de maio. Escoitamos cantigas que recolleu na súa famosa obra Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade, o famoso casamento da pulga (peza tamén recollida no citado cancioneiro), algunha canción inspirada nalgún episodio da súa vida e outras cancións e ritmos máis modernos.

Na seguinte presentación podedes ver os vídeos das diferentes actuacións: 

(PREMEDE NOS SÍMBOLOS  E PASADE AS DIFERENTES PÁXINAS)

LETRAS GALEGAS 2018

O pasado 16 de maio un ano máis celebramos cun festival o remate das actividades que con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  estivemos realizando ao longo deste mes. Participaron todos os niveis e cursos con cancións, bailes, representacións teatrais, ou recitados, nesta xornada festiva que compartimos todos xuntos con ilusión e ledicia.

(Premede en cada pequeno corazón para visualizar as distintas presentacións de imaxes)

Powered by Drupal - Design by artinet