O día 14 de maio os alumnos/as de 5º e 6º de primaria realizaron unha visita á ETAP (Estación de tratamento de augas potables) co obxectivo de coñecer o tratamento necesario para que as augas sexan aptas para o consumo humano. A actividade consistiu primeiramente nunha charla de arredor de 20 minutos de duración sobre a importancia da auga no planeta e sobre os procesos de potabilización da mesma, despois da cal viron in situ como se realiza este proceso coas augas procedentes do río Miño e do río Loña (embalse de Cachamuiña) que son os que abastecen de auga á cidade de Ourense.
Saídas
ETAP
TEATRO: TROGLODITAS
O luns 12 de maio os alumnos de 2º ciclo de primaria asistiron á representación da obra Trogloditas do grupo Tanxarina Títeres no Auditorio Municipal de Ourense co patrocinio da Fundación Novacaixagalicia.
Na obra tres trogloditas nos invitan á súa cova e cos seus monicreques e instrumentos asistimos a un divertido espectáculo prehistórico cheo de gags cómicos e versións de cancións coñecidas.
Os espectadores botaron unhas boas risas ao longo da representación.
Se queredes saber máis do grupo Tanxarina e do seu traballo desde o ano 1983 podedes entrar na súa páxina web: www.tanxarina.es
(preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)
SAÍDA DIDÁCTICA
Na sala de exposicións de Nocacaixagalicia que se atopa na Praza Maior hai unha exposición (pódese visitar ata o 29 de xuño) sobre o gravado: Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló. Simultaneamente realízanse actividades didácticas para que os nenos coñezan esta técnica pictórica.
O venres 25 de abril os alumnos de 3º e 4º de primaria participaron na actividade didáctica proposta para o 2º ciclo de educación primaria: A caixa das ferramentas de Miró. O obxectivo da visita obradoiro e que os nenos coñezan o gravado, algunhas das ferramentas, materiais e técnicas que usa un gravador e pratiquen con eles.
Ademais de contemplar as 52 obras expostas, realizáronse actividades sobre obras de Picasso e Joan Miró. Despois os alumnos gravaron (facendo incisións cunha gubia) un debuxo feito a lapis nunha prancha de linóleo. Logo de impregnar a prancha gravada con tinta, poñer sobre ela un cartón e apretalos na prensa (tórculo) conseguiron unhas coloridas estampas. (preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)
1,2,3... ESTAMPA OUTRA VEZ!
O día 8 de abril os alumnos/as de 6º de educación infantil achégaronse ao Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Ourense co fin de realizar unha visita-obradoiro. Mediante a actividade "A Arte do Gravado de Picasso a Barcelo" os nenos/as coñeceron a técnica do gravado a través dos grandes artistas do século XX: Picasso, Miro, Dalí, Tapies... ao mesmo tempo realizaron un obradoiro de aproximación ao mundo da técnica do gravado.
VAIA ARTISTAS...!
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ATA SAÍMOS NO XORNAL...!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9