Saídas

ALICE

O luns 18 de xaneiro os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar o espectáculo teatral e musical en inglés titulado ALICE. Espectáculo representado polo grupo BLUE MANGO THEATRE  e promovido pola entidade Afundación dentro das súas actividades para escolares.

A obra é unha versión moderna do clásico de "Alicia no país das maravillas" de Lewis Carroll.

Para coñecer máis sobre esta actividade clicade nas imaxes para acceder ao blog do departamento de inglés.

LÍO NA GRANXA

O 15 de decembro os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra de monicreques "LÍO NA GRANXA", posta en escena polo grupo de comediantes "LA BALDUFA"

"Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo da señora galiña. A partir de aí xorden desconfianzas e comeza unha gran lea entre todos os habitantes. As sospeitas diríxense cara ao corvo, acabado de chegar á granxa dende "o extranxeiro". Piñote e Calabacín son os protagonistas que se convirten en espectadores excepcionais, e comezarán unha aventura para descubrir o que ocorreu co ovo da galiña.

Trátase dunha sátira en forma de fábula que nos achega os conflitos actuais da sociedade contados dunha maneira sinxela, reflexiva e con humor. Lío na Granxa é un espectáculo que nace coa vocación de contribuír na formación dos nenos e nenas nos valores da tolerancia, o respecto e a empatía." (sinopse extraída da páxina dos autores da obra)

 

Os nenos/as pasarono xenial vendo o espectáculo e ata foron saudados polos protagonistas "Piñote" e "Calabacín" ao rematar a representación!. 

LA GUERRA DE TROYA

Alumnos/as de 5º e 6º de primaria acudiron o pasado martes, 24 de novembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra teatral: "La guerra de Troya" , obra promovida pola "Obra Social "La Caixa"" e o Concello de Ourense. 

A sinopse da historia é a seguinte:

Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da Tierra enfrontáronse nun conflito terrible: a guerra de Troya.
Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises...Unha historia universal que co tempo transformouse en relato.Nun mito que, durante séculos, axudounos a reflexionar sobre a realidade do mundo e a natureza dos homes.
A mitoloxía grecolatina é un dos piares da civilización occidental e a historia da guerra de Troya continúa plenamente vixente para dar resposta a algunhas das preguntas trascendentais que nos facemos hoxe en día. 
 
"La mitología grecolatina es uno de los pilares de la civilización occidental, y la historia de la guerra de Troya continúa plenamente vigente para dar respuesta a algunas preguntas trascendentales que nos hacemos hoy día. Un espectáculo que combina narración, marionetas y audiovisual de animación".
 

ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA

mércores, 4 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria acudiron á Escola Municipal de Artes Escénicas para presenciar e participar na actividade promovida polo Concello de Ourense "EN ESCENA": ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA + OBRADOIRO COA COMPAÑÍA DE DANZA SóLODOS .

Os principales obxectivos desta actividade son os de dar a coñecer a danza contemporánea, animar ao alumnado a practicar danza e experimentar e recoñecer a riqueza expresiva dos movementos corporales, xa sexa postural, xestual ou actitudinal.

Comezou o espectáculo cunha breve explicación e presentación da actividade indicando tamén os principios básicos da danza, despois houbo a representación de dous dúos de danza contemporánea que forman parte do repertorio da compañía SóLODOS E DA COMPAÑÍA Sparber-Martínez.

Finalmente realizouse un obradoiro no que os nenos e nenas participaron activamente e aprenderon conceptos e ideas sobre a danza contemporánea, así como diferentes formas de realizar unha coreografía, fixeron preguntas e traballaron cos bailaríns no escenario. Resultou unha actividade moi interesante e motivadora para o alumnado na que viviron unha nova experiencia ao ser por primeira vez protagonistas enriba dun escenario. 

NANA PARA UN SOLDADO

O día 4 de novembro os alumnos de 3º e 4º curso de primaria acudiron ao Auditorio Municipal para gozar da representación teatral NANA PARA UN SOLDADO do grupo Teatro dos Ghazafelhos 

Dun xeito á vez cómico e poético, móstrase o máis duro da guerra e tamén o máis fermoso das persoas.  

Comeza a representación e comeza a guerra: unha familia de coelliños morre por causa dunha bomba. Segue a representación e  dous soldados inimigos coinciden frente á casa de Aurora, unha muller que espera un bebé. No medio da contenda os tres son quen de compartir o pouco que teñen, pero a guerra é implacable.

 A obra fainos reflexionar sobre o absurdo da guerra que só trae consigo a morte e a destrución. 

 

CONCERTO INAUGURAL

Acabamos de comezar o cole e xa realizamos a primeira saída didáctica do presente curso escolar 2015/2016:

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria acudiron o luns, 14 de setembro, á Praza de San Martiño de Ourense para presenciar o concerto que deu a Orquesta Xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense (EMMO) con motivo da inaguración do novo curso escolar por parte da Concellería de Educación.

O concerto durou arredor de 50 minutos e tanto alumnos/as coma profesores da citada orquesta interpretaron temas moi "marchosos" facendo participar activamente  a todos os presentes. 

 (Preme na imaxe para visualizar o programa das actuacións a maior tamaño)

A

L

U

M

N

O

S

/

A

S

 

5º  

P

R

I

M

A

R

I

A

 

 

Reseña na prensa dixital do concerto:

 

 

FESTA FIN DE CURSO 2014-15 EN MANZANEDA

 

Os alumnos/as de 6º curso de Educación Primaria participaron o martes, 19 de maio, na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda na gran festa de final de curso organizada polo xornal La Región. Foi unha xornada lúdico-festiva onde conviviron con rapaces e rapazas doutros colexios da provincia de Ourense. Alí realizaron ao longo de todo o día diferentes actividades multiaventura (subida en telesilla, spa, béisbol, jumping, fútbol, vivacs...), e remataron cunha festa musical con karaoke e un sorteo de agasallos.

A pesares do frío que fixo ese día na estación os alumnos/as de 6º pasárono fenomenal, aquí tedes as opinións de Telma e a do profe Xosé, que os acompañou, na reseña que publicou o xornal organizador:

 

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

O mércores 20 de maio os alumnos/as de 4º de Educación Primaria visitaron o recinto de Expourense para participar na actividade "Parque Infantil de Tráfico", actividade promovida polo Concello de Ourense en colaboración coa Policía Local, Protección Civil e a Xefatura Provincial de Tráfico. A citada actividade ten como finalidade proporcionar formación viaria e fomentar nos nenos/as hábitos seguros e actitudes de tolerancia, respecto e solidariedade fronte ás diversas situacións de tráfico que se lles presentan na súa vida diaria.

Primeiramente asistiron na aula de educación viaria a unhas charlas teóricas sobre seguridade vial, logo tiveron unha serie de prácticas nun circuíto deseñado para tal fin: como comportarse como peóns, prácticas con bicicletas e karts eléctricos... cumprindo en cada momento as normas de circulación  e respectando os sinais de tráfico...

Resultou unha actividade moi completa e motivadora para os nenos/as, sobre todo como conductores de karts..., menudos pilotos de "Fórmula 1"!!!. 

TREN TERMAL

Unha das actividade complementarias  do Programa SI! é a viaxe no tren turístico que percorre a ruta das termas, dende a Praza Maior de Ourense ata as pozas de Outariz, pasando pola zona termal da Chavasqueira, Muíño da Veiga... O luns 18 de maio realizaron esta viaxe  os pequenos/as de 4º de Educación Infantil e o martes 19,  os de 5º e 6º, tamén de infantil. O principal obxectivo desta actividade é o de concienciar aos nenos/as no respecto e coidado da natureza, ademais do goce que supón para eles o disfrutar dunha xornada ao aire libre nun entorno natural.

 

 (Máis información no blog do horto escolar. Premede nas imaxes para acceder a el)

UN DÍA NO SUPER

O pasado venres, 24 de abril, os pequenos/as de Educación Infantil foron visitar un supermercado, concretamente o   supermercado da cadea LIDL que se atopa moi preto do noso centro.

Alí viron primeiro os almacéns e como reciclan o papel e o plástico dos embalaxes. Xa dentro, viron todas as seccións pero explicáronlles dun xeito especial a sección dos alimentos saudables: froitas e verduras frescas. A súa presentación, envasado, manipulación... e aprenderon que debemos poñer luvas cando collemos estes alimentos.

Por último, e despois de saborear unhas estupendas fresas, por un ratiño, foron uns estupendos caixeiros!!!

O xornal fíxose eco desta visita:

Powered by Drupal - Design by artinet