Celebracións anuais

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no centro. Depois do recreo saímos todos, vestidos con prendas brancas ao patio. Alí o nenos e nenas de 6º de Educación Primaria leron o noso manifesto pola paz.

Despois da lectura bailamos e cantamos varias cancións que falan da amizade e a paz.

Co gallo do noso proxecto "Unha viaxe polo mundo", os nenos e nenas do mundo tamén piden a paz, na súa lingua, no mural que colocamos na entrada do centro.

CONMEMORACIÓN DO 25N...2023

O venres conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Decoramos o centro, pedimos que o alumnado viñese cun pano morado na cabeza e despois do recreo celebramos un acto no patio.

Neste acto leron tres alumnos/as de 5º de primaria un manifesto e ao rematar todos os cursos cantaron e bailaron unhas cancións que prepararon na aula coa profe Maite e o seu profesorado.

Fixérono xenial!!

Agardamos que esta conmemoración lles permita ver que a sociedade precisa un cambio, para que ningunha muller máis sufra a violencia de xénero.

         

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.

Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.

  

 

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Aquí vos deixamos unhas fotos coa decoración do colexio polo Samaín.

MOSTRA DE CABAZAS TERRORÍFICAS

Que chulísimas quedaron as cabazas. Mirade a exposición que montamos con elas.  Todos os cursos pasaron pola exposición coas luces apagadas, para sentirse nun tunel de medo. O alumnado de 6º EP axudou moito para que esta actividade resultase aínda máis terrorífica.

Queridas familias, moitas grazas pola vosa colaboracion!

 

 

 

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 

 

Para celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA que mellor idea que sair ao patio e recordar OS XOGOS POPULARES.

Pasamos un rato moi divertido xogando aos distintos xogos!

 

 

CHARLA SOBRE TEA DA FUNDACIÓN POR ELES TEA DE OURENSE

Para conmemorar o DÍA DO  AUTISMO contamos hoxe coa visita  de dúas representantes da ASOCIACIÓN POR ELES TEA para falarnos das persoas que teñen TEA (Trastorno do Espectro Autista).

Axudáronnos a coñecer as súas características, o que lles gusta ou molesta, pero sobre todo trataron de concienciarnos de que todos e todas somos diferentes, pero que temos as mesmas necesidades de socializar.

Pero nós tamén tivemos que aportar un pouco coas nosas dúbidas e preguntas e finalmente os máis pequenos pintaron unha imaxe de ELMER para crear cadaquen o seu Elmer propio e os maiores reflexionaron sobre aquilo no que son bos e aquilo no que precisan axuda. Escribírono nuns post-it e crearon un pequeno mural con eles.

GRAZAS POLA VOSA VISITA!!

 

DÍA DA ÁRBORE - VISITA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

 

Os axentes medioambientais vieñeron ao colexio para visitar ao alumnado de 2º.

Explicáronnos en que consiste o seu traballo, proxectáronnos vídeos reais de incendios, animais....e concienciáronnos de como coidar o nos entorno.

Despois vimos o coche coa súa equipación e fixeron simulacros coa emisora.

Para rematar plantamos  unha cerdeira no patio para celebrar o día da árbore.

   

 

 

PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

Powered by Drupal - Design by artinet