Novidades

IV APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, e xa van catro, o Equipo da Biblioteca Escolar organizou, con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, a actividade denominada APADRIÑAMENTO LECTOR e que tan bo acollida ten sempre entre os alumnos e alumnas. Esta é unha das actividades que teñen programadas con motivo da citada celebración e que se completarán ao longo desta e da vindeira semana con sesións de contacontos con KAMISHIBAI, obradoiro de marcapáxinas, coa novedosa actividade chamada BIBLIO-PATIO... actividades que podedes ver no blog da biblioteca do noso centro:

(Premede nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca onde obteredes máis información)

ANIMACIÓN Á LECTURA

Dentro das actividades programadas polo equipo de biblioteca do centro destacan as actividades de animación á lectura e, dentro destas, as sesións de contacontos teñen un papel importante. Unhas veces son os propios nenos os que fan de contadores de historias para os compañeiros máis pequenos (normalmente alumnos de cursos superiores narran historias aos pequenos de infantil, 1º e 2º de primaria). Outras veces son os profesores os que realizan sesións especiais (ademais das que se produzan normalmente nas aulas), pero ademais, ao longo de cada curso escolar, teñen lugar sesións de contacontos coa colaboración de "contadores" de historias que se adican a esta actividade de forma profesional. 

Precisamente nos últimos días recibimos a visita no cole de dous magníficos contadores de historias: Sabela Gago e Iago López. Sabela realizou unha sesión para o alumnado de infantil e Iago realizou dúas: unha tamén para o alumnado de infantil e outra para o alumnado de 1º e 2º de primaria. 

Se queredes saber algo máis sobre estas actividades e ver toda a galería de fotos, premede no seguinte enlace para acceder ao blog da biblioteca:

A BIBLIOTECA DE LIBRÍN

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet