Novidades
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
Un ano máis participamos na actividade ENCONTROS CO AUTOR/A, que promove o Concello de Ourense, co fin de poñer en contacto aos alumnos e alumnas cos escritores e/ou escritoras e, que coñezan de primeira man a súa obra.
Este curso, debido ás medidas sanitarias que xa todos coñecedes, foi a propia autora a que se desprazou ata o noso centro para charlar cos rapaces e coas rapazas de 5º de primaria, grupo ao que vai destinada esta actividade.
O encontro coa xove escritora ANTÍA YÁÑEZ, tivo lugar o pasado venres, 22 de xaneiro, na aula de 5º. Previamente os alumnos e alumnas xa leran un libro da autora, concretamente: PLAN DE RESCATE.
Para coñecer mellor como resultou esta actividade, premede na imaxe que vos enlazará co blog da biblioteca onde se explica máis detalladamente.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Este ano non se enviará en papel ás casas o boletín informativo onde se recollen estas recomendacións, pero podedes consultalo no blog da biblioteca. Dende alí tedes a posibilidade de descargalo ou imprimilo se queredes telo máis a man.
Premede na imaxe para consultar o boletín en dito blog.
NOVIDADES NOVEMBRO 2020
NOVIDADES NOVEMBRO 2020 - Kizoa Movie Maker
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »