Digicraft

Digicraft: Recollendo tomates

Nesta ultima semama, os alumnos e alumnas construíron un mando para a placa Makey Makey. Despois de saber cal era a función de cada botón e pegar os bloques correspondentes de programación, xogaron de manera colaborativa a un videoxogo de Scratch.

Digicraft: Somos detectives

Na seguinte actividade os nenos e nenas farán de detectives para averiguar a máxima información posible sobre unha persoa ficticia, navegando a través das súas redes sociais e utilizando buscadores de Internet, desde un espazo virtual creado coa ferramenta "CoSpace".

Digicraft: ¿É un paxaro, un avión?

Continuamos a traballar no programa digicraft coa seguinte actividade, na que cada neno tivo que debuxar seguindo as instruccións indicadas pola profesora, mentras que os demáis intentaban adiviñar o que estaba a debuxar. Logo, tiveron que debuxar o que o ordenador lles indicaba a través da aplicación "Quick, Draw! Esta é unha intelixencia artificial adestrada paara recoñecer debuxos. 

Digicraft: Creación de realidades virtuais.

Continuamos a traballar no programa Digicraft coa seguinte actividade, a creación de realidades virtuais a través da páxina web "CoSpace". 

Esta aplicación inclúe diferentes escenarios e obxectos que os alumnos e alumnas elixirán para a súa propia realidade. 

Circuito Electro Golf

Continuamos no programa Digicraft cunha nova actividade chamada "Electro Golf". Os nenos e nenas de 4º e 6º construiron un circuíto parecido ao mini-golf pero que, conectado ao ordenador cunha placa chamada Makey Makey, emite sons cando o disco que fai de pelota, choca cun obstáculo. Todo esto, creado a través da aplicaciçon web "Scratch".