A GRATITUDE

No día de hoxe os/as alumnos/as de 1º e 2º de primaria elaboraron unha listaxe de actos e xestos que quixeron agradecer ultimamente. Ademais de coa palabra, deseñaron situacións a través do debuxo nas que se reflexaba como se podía expresar gratitude.

"Teño gratitude porque Lidia sempre comparte comigo"

"Síntome agradecida con África, que nunca me deixa soa"

"Agradecemos que nos fagan a comida"

"Síntome agradecida porque miña nai axúdame"

Lembrade que se algunha vez nos atopamos tristes, podemos recurrir ao mural da gratitude para comprobar que realmente contamos con moitos motivos para sentirnos felices.

EMOCIÓNS EN PERIGO

Este xoves o alumnado de 5º e 6º nivel de primaria visitou a exposición de fotografías titulada "Emocións en perigo", do artista londinense Tim Flach, nas instalacións de A Fundación en A Coruña.

Para este proxecto, o autor fotografiou algunhas das especies animais máis ameazadas da Terra, algunhas icónicas e outras menos coñecidas, que se atopan en perigo de extinción. Creou retratos de animais cun estilo de representación que adoita asociarse con seres humanos, para salientar o seu carácter e personalidade.

Despois da realización dunha actividade por grupos relacionada coa observación das fotos, puxemos rumbo á aula maker para facer un obradoiro con Scracht onde as especies animais tiñan que interactuar a través do diálogo.

 

O VOO DA BOLBORETA

O 25N é unha data moi marcada no noso calendario. Estes días máis ca nunca, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina di:

"NON a seguir sumando vítimas"

"NON ás agresións sexistas"

"NON a normalizar actitudes que non son normais"

"NON a pasar de largo ante comportamentos violentos"

En definitiva,

NON á violencia de xénero!

Este ano, a bolboreta é o noso símbolo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A bolboreta morada e o seu voo. Voemos xuntas! Voemos escapando de mans que aprisionan. Voemos cara a liberdade! 

 O alumnado do noso centro tamén participou na elaboración dun vídeo versionando a canción "Yo sólo quiero bailar".

A mensaxe que transmitimos é o máis importante!

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Velaiquí uns recursos que o equipo TIC recopilou para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Entre eles, atopamos a proposta de actividades da UNESCO.

Pinchade na imaxe para ir á páxina.

Así mesmo, o programa Coeducando en Red propón reflexionar sobre certos estereotipos de xénero a partires do visionado de pequenas curtametraxes, pero tamén sobre a crudeza desta forma de violencia contra a muller.

SARA Y LAS GOLEADORAS

 

EL CHUBASQUERO DE AURORA

Adxuntamos tamén unha guía didáctica que nos pode dar ideas sobre como plantexar este tema na aula.

 

SAÍDA AO ECOMUSEO FORNO DO FORTE

O venres pasado os nos@s alumn@s de educación infantil visitaron as instalacións do Eco Museo Forno do Forte en Buño. Ademais de portarse de maravilla, pasárono xenial traballando o barro!

ENREGUÉIFATE

O xoves pasado os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira pasaron a mañá botando unhas coplas na Cristina.

Axudáronnos a facer uns versiños ben xeitosos,mentres que practicabamos a rima e coñecíamos algo máis sobre a arte de improvisar de forma melódica e, por suposto, con retranca.

 

 

UNHA BREVE VIAXE COA REGUEIFA POLO MUNDO

 GRAZAS POR UNHA MAÑÁ TAN LÍRICA E DIVERTIDA!!

 

CERTAME DE TEATRO LIDO

GAÑADOR@S!!!!

O XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís xa ten aos seus gañadores. O noso centro foi o CAMPIÓN da 1º categoría coa obra "Cataventos e Cía" do grupo "Os Cristinatreiros" formado por Roque, Carmen, Paula, Victoria, Ana, Iria, Luna e Lucía de 5º de primaria. 

Noraboa aos nos@s compañeir@s!! Amosaron unha gran capacidade de improvisación, ademais dunha coordinación, un ritmo e unha entoación perfectas. Sodes incribles!

Boísimo traballo e moitas grazas a Maica, coordinadora da biblioteca e da radio, por asesorarnos sempre sacando o mellor de nós e a tódolos docentes por deixarnos ensaiar.

Pinchade AQUÍ para acceder ao enlace na prensa.

 

 

 

 

 

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA BASKET XIRIA.

Hoxe estiveron no noso centro Arturo e Jordi, adestradores do Basket  Xiria, para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 1º,4º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade o mércores  xoves desta semana co alumnado de 2º,3º,5º A e 5º B.

Moitas grazas a Arturo e Jordi por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

 

 

FORMACIÓN PRESENCIAL "CEREBRO E PANTALLAS"

"Cerebro e pantallas" é unha webinar na que se expoñen as consecuencias cognitivas do uso das pantallas nos primeiros anos de vida. Arredor deste tema tan interesante haberá unha xornada de formación presencial no vindeiro mércores 15 de novembro nas instalacións do Pazo da Cultura en Carballo, ás 19:00 h. 

A formación está dirixida a docentes e familias e a ponente será María Couso, licenciada en pedagoxía e cunha traxectoria contrastada no ámbito da neuroeducación.

ANIMÁDEVOS!!

Pinchade AQUÍ  para acceder a súa web

CELEBRANDO SAMAÍN!

Canto trouleamos o martes celebrando o Samaín! Que disfraces máis terroríficos os da nosa rapazada! 

Despois do tempo de lecer celebramos o Magosto. Disfrutamos comendo castañas e xogando a todas aquelas actividades que nos propuxo a equipa de EDLG.

O alumnado de terceiro tamén aproveitou a xornada para meter todas esas sensacións angustiosas na "Caixa dos Medos". Non obstante, o medo é unha emoción moi necesaria xa que nos permite reaccionar ante os perigos.

 

 

GRAVANDO NA RADIO

No día de hoxe os "Cristinatreiros" achegáronse ás instalacións da Cadena Ser na rúa Vázquez de Parga para gravar a adaptación da obra que presentaron para o Teatro Lido, "Cataventos e Cía".

Mirade que profesionais! Fixérono de medo! Agora fai falla un chisquiño de sorte para pasar á seguinte fase. Noraboa compañeiros/as!

UN SAMAÍN DO MÁIS DOCE

Pero mirade que "Cookies de Samaín" máis xeitosas fixeron os nosos cociñeiros/as da aula de 5 anos. Riquísimas!! Ademais de terroríficas, estaban para chuparse os dedos. Moito aprendemos coa nosa rapazada!

 

Propostas de actividades de Samaín

Dende o EDLG adxuntamos añgunhas propostas para celebración do Samaín:
 


 
Uns contos de Samaín do CEIP San Clemente de César:
E algo de música en galego para rematar a celebración:
 
Feliz Samaín 2023! 

Tríptico información Samaín 2023

Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocionarte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

CONTOS DE SAMAÍN EN RADIOCRISTINUNA

Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos.

Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas.

Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa!

Distribuir contido