BRILLANTE PAPEL D@S NOS@S CORREDORES NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
Un ano máis,@s nos@s corredores tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Nunha mañá chuviosa,típica de campo a través, o noso centro estivo representado por 92 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
 
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Mateo Figueiras, Antía Cancela e José Manuel Negreira ; a medalla de prata de Antón Dubra ; e as medallas de bronce de Daniel Frade, Sofía Bertoa e Martín Pérez.
  
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro na Coruña.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!
 
 
PODIUM DAS TRES CATEGORÍAS
 
 
 
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
 
 
 
DIARIO DE BERGANTIÑOS
 
 
 
LA VOZ DE GALICIA CARBALLO