Infantil e Primaria |
Este ano celebramos con gran entusiasmo o Antroido. O tempo acompañou e poidemos facer o tradicional desfile de disfraces por Exipto, coa compañía das familias. Pero, chegou a hora de despedir o Antroido 2014. Depois de disfrutar da compañía de A Ceboliña, chegou o momento de dixarnos. Pero como soe decirse, é un "ata logo" non un adeus. Esperamos con ilusión o vindeiro Atroido. |
|||
28/02/2014 09:00
28/02/2014 13:30
Celebración do Antroido. Con disfraces e degustación de productos típicos. |
|||
Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as. Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias. |
|||
|
|||
Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes. Luns: Martes: Mércores: Xoves: |
|||
Para rematar as actividades do Día da Paz, todo o alumnado do centro reuniuse para cantar. Queres vernos? Pois aquí vai: |
|||
O xoves 30 de xaneiro, celebrouse o Día da Paz o CEIP Plurilingüe Abanqueiro. |
|||
Dende a clase de relixión, preparamos un mural e outros traballos para a celebración do Día da Paz 2014. Estes son os traballos feitos polo alumnado de relixión, que poderás ver a maior tamaño na Galería de Imaxes xunto cos traballos do resto das aulas. |
|||
Este é o calendario que elaboraou o Equipo de Dinamización Lingüística para o ano 2014 e que tódalas familias xa debedes ter na casa. |
|||
O vindeiro 20 de xaneiro, empezaremos co reparto de froitas nas merendas, dentro do Plan de Consumo de Froitas nas Escolas. Entre as datas do 20 de xaneiro (luns) e ata o 7 de febreiro (venres) ,ámbolos dous incluídos, o centro repartirá diferentes froitas, polo tanto pregamos que non lles manden as merendas habituais dende a casa. Queremos pedir tamén a colaboración das familias para concienciar ao alumnado na importancia do consumo de froitas nunha alimentación sá e equilibrada. |
|||
Celebramos O Festival de Nadal 2013, onde todo o alumnado dende Infantil ata Primaria reporesentou diferentes actuacións para as familias. Aquí tes algunhas imaxes. Gracias a Lola (nai de Jorge Fajardo) pola súa colaboración aportando imaxes e videos. |
|||
O noso centro, un ano máis vai participar no Plan de Consumo de Froita nas Escolas. Queremos concienciar ao alumnado e ás familias do importante do consumo das froitas nunha boa alimentación. É por iso que vos pedimos a vosa colaboración ao respecto. Informarásevos en todo momento das datas concretas en que o alumnado vai a recibir froita para o seu consumo no centro. Repartirase froita gratis a todo o alumnado de Infantil e Primaria durante o recreo. |
|||
O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións: 1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º. 2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria. 3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos. 4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos. 5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos. 6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria. 7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria. |
|||
Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias. Algunhas imaxes: |
|||
Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes. E non puideron faltar as castañas asadas. |
|||
