Actividades Normalización

O APALPADOR

O APALPADOR

O MAGOSTO

MAGOSTO 2020

I CONCURSO DE CONTOS DE MEDO 2020

Aquí achegamos os premiados deste

I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN".

Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron:

4º E.P.

"O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández.

5º E.P.

COIDADO! XA ESTÁN AQUÍ

Os pequn@s de 6º de E.I. quérennos meter medo con esta máscara super chula que crearon! Aí vai....

VÍDEOS TERRORÍFICOS DO SAMAÍN

Bo día a todos! Aquí vos deixamos uns vídeos do día de Samaín.

Os nen@s de infantil decoraraon as portas das súas aulas e elaboraron unhas máscaras que meten medo. Os nenos de primaria pintaron as súas propias catrinas e traballaron en diversas unidades didácticas da temática.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Bo día amig@s!

O pasado venres 30 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín".

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as almas dos mortos pasan pola porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias.

"CHOLO E NELA CAMIÑO DA FALA"

E para un momento de desconexión, aí vai esta canción tan marchosa de CHOLO E NELA. Xa somos fans!!!!

OS BOLECHAS

Boa tarde amig@s!!

Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentai: Scórpio.

Achegamos o enderezo para o libro en pdf. Esperamos que gocedes coa lectura!!

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 PROXECTO EDUCATIVO

Deixamos aquí, este proxecto didáctico da coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, inclúe o relato orixinal en formato conto cedida pola Editorial Embora, pezas musicais e unha unidade didáctica para traballar. Podedes descargar o material ou velo en liña en: http://aspitas.gal

 

CULTURA NA REDE

Bo día! achégovos a programación do 17 de maio. Promovido polo concello de Boiro.

Celebración do Día das Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas (e o Mes das Letras), a nosa acividade deste excepcional curso de confinamento dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro e coa colaboración de alumnado, familias e Concello é este pequeno vídeo en lembranza e conmemoración da nosa lingua e dos nosos maiores.

¡Non vos perdades a publicación do vídeo no Facebook do Concello o día 17 de maio ás 18:00!

Saúde e forza para todos!... E Cultura!

LETRAS GALEGAS

Ola de novo!

Deixamos aquí material variado para aprender moitas cousas de Ricardo Carvalho Calero. Van por orde de dificultade. 

Se queredes podédelas imprimir. Son moi chulas, xa veredes!

RULETA DE PASAPALABRA

Bo día amig@s!

Vídeo para as Letras Galegas

Co fin de celebrar o Día da Letras Galegas (neste Mes da Letras), convocamos a todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a participar nun pequeno traballo en vídeo.

O alumnado ten que escoller unha palabra en galego que empregue algún dos seus avós ou avoas e que lle pareza: curiosa, bonita, simpática, importante...

Terían que gravar un minivídeo do neno ou nena de 2 ou 3 segundos onde só digan esa palabra (poden só dicila ou, se teñen posibilidade: sinalala, amosala, representala, poñela, facer unha super-mini-rima, debuxala, cantala, bailala...).

PREGUNTOIRO MUSICAL-RICARDO CARBALLO CALERO-LETRAS GALEGAS 2020

O PREGUNTOIRO MUSICAL.

 UNHA FORMA LÚDICA DE COÑECER A VIDA DESTE AUTOR.

 CANTAS ACERTADES? MOITA SORTE!!

Distribuir contido