Propostas para Educación Física

Ola a tod@s: o primeiro é que espero que estedes tod@s ben e os mando ánimos para seguir adiante ante esta situación.

As seguintes propostas que ides ter son para esta quincena que temos que pasar.

Todo o deporte español, así como nos, está parado pero igual que estades a traballar dende a casa os nosos ídolos e deportistas tamén o están a facer dende as súas. O home sempre superou as adversidades que foi encontrando na vida e ante esta situación  que temos agora tamén sabemos como adaptarnos.

A seguinte proposta esta dirixida para os alumn@s de 3º- 4º-5º e 6º pero os mais pequenos, si queredes, tamén podedes buscar información ainda que non é obrigatoria esta actividade para vos.

- Tedes que buscar por redes sociais como está entrenando estes días un deportista profesional na súa casa. Pode ser un futbolista, ciclista, nadador, etc , que tipos de exercicios fan na casa. Eu xa vin algún por prensa dixital deportiva como o marca e o as e seguro que si buscades atopades moitas cousas.

-A continuación os vou a dar distintas propostas para cando estemos de volta no cole vexamos o ben que o pasamos na casa. Podedes escoller as que mais os gusten.

PROPOSTAS

- Facer un tik-toks e a volta imos facer un concurso tod@s xuntos

- Grabar un video teatral. Inventa unha historia e grabala para logo verla na clase. Os actores serán os familiares que están contigo na casa.

-Si che gusta máis o baile colle o teu tema favorito e monta unha coreografia. Bailaremos toda a clase a volta.

- Crea a comic de EF de Abanqueiro. inventa as personaxes e monta a túa historia.

Despídome de todos vos dexexando que pronto estemos xuntos disfrutando do deporte e os xogos

Un forte abrazo para tod@s