CONTACONTOS

O pasado venres tivemos o pracer de recibir no noso centro a Víctor Lorenzo, máis coñecido na súa terra como Víctor Lomba, un apasionado do mundo dos nenos. 

Con el descubrimos as últimas pegadas da nosa benquerida Pita, a gaivota mascota da nosa biblioteca que fai uns meses escapou e segue perdida por Boiro adiante.

Víctor contoulles contos inventados por el onde as nosas alumnas e alumnos foron os protagonistas das súas historias. Os máis pequenos tamén cantaron unha canción e os maiores inventaron un poema.

Moitas grazas Víctor polo teu tempo e parabéns polo teu saber facer.