ASESORAMENTO TECNOLÓXICO DENDE O CEMIT DE BOIRO
Dende o CEMIT infórmannos que calquera usuario que necesite de asesoramento tecnolóxico (configuración dun dispositivo, dúbidas tecnolóxicas...) poden obter este asesoramento dende o CEMIT, sempre con cita previa. Ver cartaz de arriba. Ademais, dende o Consello Escolar Municipal e dende o CEMIT informámoslles que estamos preparando un itinerario formativo, para inicios do vindeiro ano, para as familias no que poderán acceder a: Nivel 1: Uso básico do dispositivo (PC, Móvil ou Tablet) e de plataformas de comunicación: videoconverencias, Abalar móvil... Nivel 2: Coñecementos básicos de Aula Virtual e edixgal para poder guiar/supervisar o traballo dos fillos e fillas. Nivel 3: Solicitude e uso de certificados dixitais (ou dnie, chave 365...) e realización de trámites administrativos básicos online. Para este itinerario, que poderá dispoñer de certa flexibilidade a adaptabilidade a diversos tipos de xornada de traballo, recibirán cumprida información cando esté a súa preparación finalizada. |
|||