O MAGOSTO

MAGOSTO 2020

Chegou o outono e con el a festa da homenaxe dos froitos da castaña e uva. Esta festa chámase o MAGOSTO, é unha festa de amizade e da veciñanza.

Pero este virus quitounos as reunións cos familiares e amigos, pero aínda así, non poderá coas nosas tradicións. Así que, aquí vai un vídeo dese día tan fermoso no que gozamos cos compañeiros/as, a música e das castañas. Que boas estaban!!!

E como non, agradecer unha vez máis, o traballo e implicación da ANPA, sen eles non sería tan doado. MOITAS GRAZAS!!