Vídeo para as Letras Galegas

Co fin de celebrar o Día da Letras Galegas (neste Mes da Letras), convocamos a todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a participar nun pequeno traballo en vídeo.

O alumnado ten que escoller unha palabra en galego que empregue algún dos seus avós ou avoas e que lle pareza: curiosa, bonita, simpática, importante...

Terían que gravar un minivídeo do neno ou nena de 2 ou 3 segundos onde só digan esa palabra (poden só dicila ou, se teñen posibilidade: sinalala, amosala, representala, poñela, facer unha super-mini-rima, debuxala, cantala, bailala...).

Logo enviar ese vídeo ANTES DO DÍA 15 a ceipabanqueiro@gmail.com co asunto "Letras Galegas".

Graciñas pola vosa colaboración.