FOTOS DE TODOS E TODAS

Ola a tod@s!

Gustaríanos facer unha montaxe con todas as fotos que estades enviando tanto ás mestras de infantil como á profe Dulce. Por iso, necesitamos máis fotos onde saiades vós cos vosos arco iris ou con frases de que todo vai saír ben ou de eu quedo na casa, o que prefirades.

Aqueles que aínda non enviastes a foto podedes facelo ás direccións de correo que vos facilitaron as mestras de infantil ou Dulce ou á do cole: ceipabanqueiro@gmail.com

Proposta de malabares

Ola a tod@s: Espero que vos atopedes ben.

Os vou a propoñer unha cousa que tiña pensado ver en breve nas clases de EF. Os malabares.

Animaros a facer tres bolas con globos e arroz. Tamén vale con area ou incluso pelotas de tenis pero, para aprender, as pelotas cando os caen ao chan tedes que estar detrás de elas así quen maís cómodo é con globos senon queredes cansaros de estar detrás das pelotas.

Deixovos esta paxina para que curioseís nela. Fixádevos sobre todo no simulador, aparece un monigote o principio e os ensina os distintos trucos

Se tés unha Tablet/Ipad, igual non é necesario imprimir

Se tedes unha tablet Android ou un Ipad na casa, igual non tedes que imprimir os arquivos en PDF.

Hai aplicacións, algunhas gratuítas, que permiten pintar, debuxar e escribir sobre os arquivos PDF.

A continuación déixovos unha ligazón para descargar unha delas (totalmente gratuíta e funcional) que de seguro que vos gustará, pois a min sacoume de moitos apuros. Unha vez que focedes uns minutos nela, veredes que é bastante sinxela de empregar.

XODO

Hai outros tamén gratuítos, escollede o que máis vos guste.

Problemas de impresión dalgún PDF

Para os que teñen problemas de impresión das fichas, estamos intentando corrixir este erro.

De todos xeitos, á hora de imprimir, asegurádevos de que tedes seleccionada a impresora correcta, de que a saída de papel é A4 e de ter accionada a opción "axustar a páxina" ("axustar páxinas grandes"... ou outra similar; pois dependendo: do equipo, sistema operativo, impresora... pode variar)

Desculpen as molestias. ¡Isto colleunos por sorpresa a todos!

Un saúdo.

VISITA VIRTUAL AO SALÓN DO LIBRO

O Salón do Libro de Pontevedra tamén tivo que pechar as súas portas polo que ofrecen unha visita virtual ás exposicións e cada día irán publicando novos acontecementos. Nestes días nos que temos que buscar alternativas para os máis pequenos esta poder ser unha boa opción. Deixámosvos por aquí o enlace por se vos interesa.

Coidádevos moito.

SALÓN DO LIBRO

Propostas para Educación Física

Ola a tod@s: o primeiro é que espero que estedes tod@s ben e os mando ánimos para seguir adiante ante esta situación.

As seguintes propostas que ides ter son para esta quincena que temos que pasar.

Todo o deporte español, así como nos, está parado pero igual que estades a traballar dende a casa os nosos ídolos e deportistas tamén o están a facer dende as súas. O home sempre superou as adversidades que foi encontrando na vida e ante esta situación  que temos agora tamén sabemos como adaptarnos.

A seguinte proposta esta dirixida para os alumn@s de 3º- 4º-5º e 6º pero os mais pequenos, si queredes, tamén podedes buscar información ainda que non é obrigatoria esta actividade para vos.

NOVAS MEDIDAS ADOPTADAS DEBIDO AO CORONAVIRUS

Ante a actual situación de contaxio por COVID-19 e seguindo as novas medidas da Consellería de Educación, que varían e variarán dependendo da evolución do contaxio por coronavirus:

GALERÍA DE FOTOS DO ENTROIDO

Aquí vos deixamos un enlace á galería de fotos do entroido 2020.

GALERÍA

MATRÍCULA CURSO 2020/2021.

Informamos que o prazo de admisión para aqueles alumnos que inician a súa escolarización ou para os que cambian de centro educativo estará aberto do 1 de marzo ao 1 de abril (a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, con certificado dixital ou Chave365).

As solicitudes pódense cubrir online no seguinte enlace admisiónalumnado ou descargalas máis abaixo e entregalas posteriormente no colexio.

eBOOK OU AUDIO-LIBRO PARA O PROXECTO eTWINNING: OUR WORLD, MY WORLD

Aquí vos amosamos o audio-libro que estivemos a gravar esta semana con nenos e nenas de 1º a 6º de primaria.

Este ebook é unha das actividades propostas no proxecto eTwinning no que participamos este curso e que compartiremos con alumnos de centros doutros países de Europa.

ENTROIDO 2020

Este ano a temática dos nosos disfraces de Entroido xirou arredor do proxecto eTwinning Our World, My World.

Deste xeito, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria disfrouse de animais, pulpos, paxaros e vacas; o alumnado de 4º do mar, o de 5º de natureza e o de 6º de aire.

O alumnado de infantil está traballando na aula o proxecto do mar, polo que esta foi a temática escollida para os máis pequenos.

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración tanto na elaboración dos disfraces coma nos doces que trouxéstedes.

CHARLA PILABOT

Con motivo da participación no concurso de recollida de pilas usadas PILABOT, o alumnado de primaria asistiu hoxe no centro a unha charla sobre a reciclaxe de pilas.

Faladoiro sobre cannabis e outras drogas e adolescencia

O próximo 13 de febreiro desenvolverase o faladoiro de "adolescencia e cannabis" no marco das actividades organizadas por EspazoFamiliaS. Como sempre será de balde e con servizo de canguraxe con prazas limitadas.

Poden ver a información e reservas en:

https://espazofamilias.org/index.php/Faladoiro/cannabis/

As inscricións poden ser online ou no propio centro. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

DÍA DA PAZ 2020

Aquí vos deixamos o video editado polo mestre de música e proposto e traballado nas aulas pola mestra de PT como conmemoración do Día da Paz.

Distribuir contido