blogue defran.alonso

Amazona de Terceiro de Primaria

Aquí vos deixamos a versión de Amazona do alumnado de terceiro de primaria.

Brit Award Segundo de Primaria

Bos días, aquí vos deixamos a gravación de Segundo de Primaria da peza Brit Award e que o alulmnado decidiu bautizala como "O Soldado Cantón".

progando

Charla sobre TDAH

Merca de material deportivo coa subvención do Concello de Boiro

Acabamos de mercar algún material deportivo novo para ampliar as nosas ferramentas de traballo e repoñer algún material estragado.

¡Que ben o imos a pasar grazas ao Concello de Boiro!

Configuracion WIFI edu.xunta.gal

Para a configuración da WIFI edu.xunta.ga nos dispositivos do centro seguir as instrucións do manual axunto.

Lembrade que en IOS é necesario descargar un arquivo de perfil https://i.gal/wifiios

Servizo de madrugadores

Poden descargar a folla de inscricón no pdf axunto máis abaixo.

Campamentos de Nadal do Concello de Boiro

Teatro para os máis peques

Día da Ciencia en Boiro

Carreira contra a Leucemia Infantil

Este venres celebramos a carreira solidaria contra a Leucemia Infantil en favor da fundación Unoentrecienmil, onde participaron tanto alumnado e profesorado como familias. Entre todos recaudamos

622,70€

Moitas Grazas!

 

Samaín

SAMAÍN (Actualizado)

 

Coma sempre, os nosos agradecementos á ANPA Napabán pola súa colaboración valiosa e desinteresada co centro coa única finalidade de que o noso alumnado sexa un pouco máis feliz.

Fantástico Samaín!

No seguinte enlace podedes acceder á galería de fotos:

https://photos.app.goo.gl/HpiXf7pWwZmNFLWM7

Tamén vos deixamos o enlace ao obradoiro de cabazas:

https://photos.app.goo.gl/h3DPZ1dqxX2j85up8

 

 

Novembro cultural

Día da Bici

O vindeiro 6 de novembro (domingo) celebrarase o Día da Bici no Concello de Boiro. A saída, se fai bo tempo, realizarase ás 11:30 dende a Praza de Galicia.

O Concello pide ás súas disculpas polos defectos organizativos/informativos alleos ao mesmo Concello e lembra que é necesario unha inscrición por cada asistente; co fin de organizar anvixilancia e avituallamento. Polo que, de ir unha nena e a súa nai, debería entregarse unha inscrición pola nena (coa correspondente autorización) e unha inscrición pola nai.

Axunto poden atopar un imprimible da inscrición que poden entregar no centro ou, preferiblemente, na sección de Deportes do Concello de Boiro en A Cachada.

 

 

Lazo negro

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro lamenta o fatídico accidente acontecido nas instalacións do IES Julio Prieto Nespereira.

Distribuir contido