Blogues

Actividades culturais de outubro

Actividades culturais de outubro de 2022 bi cibcekki de Boiro.

 

 Para máis info, clicar na imaxe

Obradoiro para os máis pequenos na Biblioteca Municipal

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Boiro comunícase que este vindeiro sábado, día 1 de outubro, ás 11:00 h realizarase un Obradoiro Creativo destinado ás nosas crianza, máis concretamente a partir de 7 anos. Poderán experimentar cómo é o proceso na creación dun libro ilustrado así como a elaboración do seu propio libro.

 

O aforo é limitado polo tanto é necesario inscrición prevía. Esta actividade é gratuíta e esta englobada no programa "Ler conta Moito" tratando de de fomentar a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

 

Actividade de Concellería de Igualdade do Concello de Boiro

Novo programa que vai implementar a concellería de igualdade do Concello de Boiro "Miscelánea en movemento", un proxecto piloto que propón actividades en movemento para persoas adultas simultáneamente con actividades específicas de igualdade para crianzas.

 

Actividades Extraescolares da ANPA

Actividades Extraescolares da ANPA

 

Axúntase a folla de inscrición ás actividades extraescolares da ANPA. Esta folla será enviada a través das mochilas.

 

 

NOTA: Lembren que os martes NON hai profesorado de garda e polo tanto non hai servizo de garda e custodia. O alumnado de comedor debe ser recollido á 4 da tarde. A entrega dos nenos/as para cada unha das actividades do martes será directamente no pavillón.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E ENTREGA DE VALES

Informámoslles que dende hoxe están publicadas as listaxes definitivas das axudas para Fondo Libros.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS FONDO LIBROS

      PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDA FONDO LIBROS           

Nós tamén creamos

Nós tamén creamos!

 

O alumnado de Educación Infantil vén de realizar este curso unha curta baseada no conto de OQO "O sultán e os ratos" que agardamos que vos guste.

VIDEO RESUMO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Aquí vos deixo un pequeno video resumo da nosa participación no programa EduExchanges promovido pola Consellería de Educación. Estas foron algunhas das  actividades levadas a cabo ao longo deste curso co alumnado de 5º de primaria e o centro Eskisehir Barbaros Primary School de Turquía.

Audición de Fin de Curso da EMB

Donación da ANPA

 

Os nosos agradecementos á ANPA Napabán, que sempre está pensando no centro, pola súa doación de material educativo de Educación Infantil; sempre necesario e que acabará mellorando a formación dos máis pequenos.

Moitas grazas!

 

Inscripción excursión CIES

Para todos aqueles que queiran inscribirse na excursión de CIES, deben falar directamente coa ANPA ou entregar a ficha de inscrición axunta o máis pronto posible.

Curso de vela

Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022

Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022

 

O noso centro vén de recibir hoxe o premio "Accésit" do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 pola nosa "Escultura Narrativa" que, a parte de orzamento extra para desenvolver actividades no Ciclo de Educación Infantil, nos trouxo a visita da Directora Xeral de Emprego (Margaria Ardao) e unha Obra de Teatro para os máis pequenos.

Moitísimas grazas ao profesorado activo e implicado do Equipo de Infantil e ao alumnado participante por facernos desfrutar dunha xornada como a de hoxe.

 

Veráns deportivos do Concello de boiro 2022

Veráns deportivos do Concello de Boiro 2022

 

 Publicada a oferta de actividades deportivas do Concello de Boiro para o verán 2022. O prazo de solicitudes empezará o 15 de xuño de 2022.

Axúntase tríptico e instruccións para a inscrición a través da web e correo electrónico.

 

 

Primeiros Auxilios

Formación en Primeiros Auxilios

 

O noso alunado recibiu esta semana unha completa formación en Primeiros Auxilios (polo que agradecemos a colaboración da Cruz Vermella de Boiro) co fin de ir interiorizando condutas de resposta ante posibles urxencias.

Agardamos que non teñan que empregalo nunca!

 

 

Distribuir contido