Skip to Content

Blogues

Preparándonos para o Día da muller

Ola familias! Xa queda menos para celebrar o Día Internacional da Muller, por iso no colexio decidimos facer unha actividade conxunta. A cada aula tócanos coñecer unha muller, xa sexa unha actriz, cantante, médica, mestra... esa muller ademais ten unha discapacidade.

Na nosa aula tocounos Sarah Bernhardt.

TITORIAL PARA NAVEGAR POLA WEB

Ben queridas familias, achegamos un documento a modo de titorial para explicar pormenorizadamente todos os aprtados/bloques da páxina web. Só tedes que premer no arquivo adxunto.

Agardamos vos sexa de utilidade.

Terapia con animais

Ola familias! Hoxe tivemos de novo a nosa visita máis especial dos martes

TALLER DE PINTURA CON MANUEL PENÍN. PARTE II

 

 

Aquí vos deixamos un vídeo resumo coa actividade do Taller de Pintura con Manuel Penín, que repite por segunda vez para traballar e explorar tódalas posibilidades das cores co noso alumnado. Decir que lles escantou quédase curto!!!Marabilla de actividade. Grazas por facelo posible Manuel e esperámoste noutras ocasións!!!

 

Lectoescritura

Lucas e Branyeli poden estar toda a mañá con traballo na mesa sen parar! 

Son uns campións!!!

Pictosonidos

Ola familias! Na aula 3 continuamos traballando moito. Esta vez estivemos coa apliación pictosonidos que nos serve para traballar con pictogramas, a través de locucións e sonidos asociados.

 

Encántalles! Ademais que os sonidos están relacionados cos seus centros de interese (animais e transportes).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut