slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

CONMEMORACIÓN 25N

Nesta semana para conmemorar o 25N :

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. 

Realizamos 2 actividades no centro, a primeira delas A CONTADA DOS MARTES, se clicades no apartado da BIBLIOTECA na parte dereita da nosa web teredes máis detalles desta actividade. 

O libro seleccionado foi ARTURO E CLEMENTINA e empregamos un recurso no ámbito da ROBÓTICA o robot PHOTON.

 

Desde o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizouse a actividade sobre o papel dos homes e das mulleres nas redes sociais (YOUTUBE, INSTAGRAM, VIDEOXOGOS) a través do CIM Monforte e impartida por @cavas_galicia.

A rapazada analizou o tipo de contido que homes e mulleres colgan a diario nas redes, como recursos empregaron as TIC e por medio dunha app proporcionada por @cavas_galicia foron quen de ver diverso contido publicado por instagramers e youtubers, empregado ademais  unha plantilla proporcionada por @cavas_galicia, ían cubrindo os apartados solicitados. A sesión foi de 11:30 a 13:30, ao fin da mesma entre todos e todas chegamos a unha serie de conclusións sobre o rol das mulleres e dos homes na actualidade. 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer