Repositorio Abalar

O repositorio Abalar contén unha selección de recursos educativos para diversas etapas, niveis e en diferentes idiomas.

Será este repositorio o que tomemos como referencia para iniciarnos na procura de contidos educativos.

1.- Accede ao espazo Abalar (clic aquí) e desprázate ata a fin da páxina. Alí atoparás esta imaxe que servirá de acceso ao repositorio.

2.- A páxina que se abre consta de tres columnas: á esquerda as Axudas de busca. No centro a relación de contidos e á dereita unha escolla dos contidos máis descargados. 

3.- Podes filtrar por varios campos:

  • Polo nome, se o coñeces (pódese poñer só unha parte do título, non fai falla o título completo).
  • Por datas de publicación.
  • Por idioma.
  • Por ensinanza.
  • Por curso.
  • Por materia.
  • Por tipo de recurso.
  • Por licenza.

Podes utilizar estes campos individualmente ou combinando dous ou máis. Por exemplo, Educación Primaria e 5º curso.

Ao premer o botón execútase a busca e no corpo central da páxina aparecen os contidos atopados. Móstranse de 10 en 10. Ao pé da páxina hai uns botóns que enlazan ás outras páxinas (valga a redundancia) de contidos.

 

  • Entra no Repositorio Abalar e familiarízate co sistema de busca de contidos. Proba as diferentes opcións.
  • Tenta localizar un recurso para 5º de Primaria que trata sobre os ecosistemas. Aínda que a palabra "ecosistema" está no título, fai a busca como se non o souperas coa fin de ter unha idea ben clara acerca do sistema de funcionamento das buscas.