Esquema de tema

  • O ensino CLIL (Content and Language Integrated Learning, AICLE) representa a aprendizaxe integrada de contidos de determinadas materias curriculares nunha lingua estranxeira. Estas materias non lingüísticas poden ser as ciencias naturais, ciencias sociais e humanidades, música ou educación física. Na primeira parte do curso imos coñecer as tendencias recentes sobre o tema CLIL na investigación de linguas estranxeiras e imos analizar posibilidades para poñer en práctica a metodoloxía CLIL. Xa existen moitas experiencias en centros de varias comunidades autónomas que tamén teremos en conta. Na segunda parte do curso, imos experimentar xuntos con diversos materiais e suxestións para o fomento lingüístico nas materias non lingüísticas. Tamén nos centraremos nas preguntas sobre onde poder atopar material concreto e apropiado para CLIL e de que maneira se pode usar na clase.

    O curso será impartido en alemán e diríxese a profesores de todas as materias non lingüísticas e tamén a profesores de alemán que se poderán beneficiar igualmente das técnicas de ensino.