Esquema de tema

  • Laura Martinez

    Módulo 1. Survival Skills

    Inglés funcional para unha viaxe ao extranxeiro: funcións e estratexias clave para comunicarse en distintos contextos e situacións: No aeroporto (pérdida da maleta, datos persoais ), restaurantes, hoteis, no centro de saúde, en lugares de lecer etc. (25horas). Posible tarefa final: breves roleplays (en pares ou grupos) en distintos contextos estudiados e grabación dos mesmos para unha posterior análise

  • Javier Villanueva

    Features of spoken language and oral interaction.

    A interacción oral. Estratexias da comunicación oral. Rasgos da linguaxe oral en comparación coa escrita. Escoita e práctica de conversas entre pares, grupos etc. Análise das fórmulas empregadas na interacción para gañar tempo, cando non se lembra a palabra exacta, para expresar acordo/desacordo, para cambiar de tema, interrumpir con cortesía….(12horas30m) Posible tarefa final: Debate e grabación en grupos pequenos sobre un tema controvertido. Análise posterior dos ragos da linguaxe oral que se aprecian no debate

  • María Dolores Gomez

    Process writing

    A comunicación escrita en inglés. O proceso de escritura: xerar ideas, escritura rápida, organizar ideas en parágrafos de acordo coa finalidade e o posible lector. A coherencia e a cohesión do texto, os conectores etc. Tipoloxía de textos escritos: cartas, emails, sms, infografías etc. (12horas30m). Posible tarefa final:Facer unha presentación do centro educativo e da cidade a un centro estranxeiro empregando infografías (gráficos, texto explicativo, fotos) ou un simple dossier con fotos e textos explicativos

  • Paul Herron

    Phonetics, stress, rhythm and intonation. British&American English

    Benvida e presentación. A importancia da fonética inglesa. Distinguir as distintas vogais, os alófonos básicos das consonantes, plurais, pasado regular –ed. Entender a transcripción fonética de palabras novas no diccionario. Entonación e acentuación. Variedades do inglés. Inglés británico vs americano. (12horas30m). Posible tarefa final: Lectura en voz alta de textos descoñecidos en inglés americano e británico dando tempo previo para preparalo e consultar a pronunciación e entonación no diccionario ou na web (wordreference).

  • Este tema

    Eva Duarte

    Digital Literacy for autonomous lifelong learning.

    Alfabetización dixital e recursos en rede para a autoaprendizaxe. Este módulo serviría de revisión de todo o anterior, ofertando recursos para seguir profundizando nos 4 primeiros temas e seguir progresando de forma autónoma. Pódeselle pedir aos participantes que busquen recursos para os módulos anteriores e fagan unha posta en común de recursos que coñezan e que lles resulten interesantes ou que as busquen para conseguir entre todos un bo banco de recursos ao remate do curso. (12horas30m). Posible tarefa final: A posta en común dos recursos recopilados e discusión sobre as súas ventaxas para a autoaprendizaxe