Xornadas de formación dos Xefes e Xefas dos Departamentos de Orientación. Curso 2017-2018. Actividade celebrada en Santiago de Compostela e que ten por obxecto a actualización das persoas responsables dos departamentos de orientación dos centros educativos naquelas cuestións que afectan ao seu labor de asesoramento. A xornada deste curso centrase en tres aspectos fundamentais: 

- A orientación con cerebro: Axuda da neurociencia ao labor orientador
- A convivencia positiva
- A importancia de promover a educación para a igualdade

Data: 18 de abril de 2018

Lugar: EGAP Santiago de Compostela

Número de horas: 8