FASE A, curso PIALE de inglés 2017

Lugar: CAFI, Lamas de Abade s/n. Santiago de Compostela (xunto ao CIFP Compostela), aula 9, en horario de 9:30 a 14:30h

Coordinación: carmen.f.santas@edu.xunta.es

Este curso de 75horas está dividido en 5 módulos que impartirán os relatores seguintes:

1. PHONETICS, STRESS, RHYTHM AND INTONATION. BRITISH &AMERICAN ENGLISH

Benvida e presentacións. A importancia da fonética inglesa. Distinguir as distintas vogais, os alófonos básicos das consonantes, plurais, pasado regular –ed. Entender a transcripción fonética de palabras novas no diccionario. Entonación e acentuación. Variedades do inglés. Inglés británico vs americano. (12horas30m). Posible tarefa final: lectura en voz alta de textos descoñecidos en inglés americano e británico dando tempo previo para preparalo e consultar a pronunciación e entonación no diccionario ou na web (wordreference). Relator: Paul Harron

2. SURVIVAL FUNCTIONAL ENGLISH

Inglés funcional para unha viaxe ao extranxeiro: funcións e estratexias clave para comunicarse en distintos contextos e situacións: No aeroporto (pérdida da maleta, datos persoais ), restaurantes, hoteis, no centro de saúde, en lugares de lecer etc. (25horas). Posible tarefa final: breves roleplays (en pares ou grupos) en distintos contextos estudiados e grabación dos mesmos para unha posterior análise. Relatoras: Laura Martinez e Matilde Cobas

3. ORAL INTERACTION. FEATURES OF SPOKEN LANGUAGE

A interacción oral. Estratexias da comunicación oral. Rasgos da linguaxe oral en comparación coa escrita. Escoita e práctica de conversas entre pares, grupos etc. Análise das fórmulas empregadas na interacción para gañar tempo, cando non se lembra a palabra exacta, para expresar acordo/desacordo, para cambiar de tema, interrumpir con cortesía….(12horas30m) Posible tarefa final: debate e grabación en grupos pequenos sobre un tema controvertido. Análise posterior dos ragos da linguaxe oral que se aprecian no debate. Relator: Javier Villanueva

4. PROCESS WRITING.

A comunicación escrita en inglés. O proceso de escritura: xerar ideas, escritura rápida, organizar ideas en parágrafos de acordo coa finalidade e o posible lector. A coherencia e a cohesión do texto, os conectores etc. Tipoloxía de textos escritos: cartas, emails, sms, infografías etc. (12horas30m). Posible tarefa final: facer unha presentación do centro educativo e da cidade  a un centro estranxeiro empregando infografías (gráficos, texto explicativo, fotos) ou un simple dossier con fotos e textos explicativos. Relatora: María Dolores Gómez

5. DIGITAL LITERACY FOR AUTONOMOUS LIFELONG LEARNING

Recursos en rede para a autoaprendizaxe. Este módulo serviría de revisión de todo o anterior, ofertando recursos para seguir profundizando nos 4 primeiros temas e seguir progresando de forma autónoma. Os participantes poden buscar recursos para os módulos anteriores e despois facer unha posta en común de recursos que lles resulten interesantes para conseguir entre todos un bo banco de recursos ao remate do curso (12horas30m). Posible tarefa final: a posta en común dos recursos recopilados e discusión sobre as súas ventaxas para a autoaprendizaxe. Relatora: Eva Duarte