Proposta formativa destinada ao profesorado de inglés para potenciar a expresión oral entre o alumnado de educación primaria e secundaria. Farase unha introducción ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e a súa vinculación co o desenvolvemento dos currículos de primaria e secundaria. Proporcionaranse estratexias de aula para fomentar a competencia oral do alumnado e a súa participación activa. Tamén se verá o emprego das TIC como complemento para desenvolver a expresión oral nas aulas e fora delas.