Frecuencia Cardíaca

Neste tema imos tratar sobre partes e zonas que debemos ter localizadas no noso corpo e aparellos que nos poden axudar tamén a levar a cabo o control da nosa frecuencia cardíaca.

  • FC BASAL


    Medición do noso latexo antes de levantarnos da cama despois de durmir.

    Trátase do latexo máis baixo que podemos ter en absoluto reposo.


  • FC REPOUSO


    Determínase cando estamos tranquilos, en descanso, ben sexa vendo a TV, lendo,

    sentados, etc.


  • FC. ESFORZO


    Ocorre cando facemos actividade física e esta é superior á que normalmente temos en

    repouso.


  • FC. MÁXIMA


    Trátase do máximo de pulsacións que podemos acadar facendo algún tipo de actividade

    física, pero na que non poñemos en risco a nosa saúde.