06 Orientación. ESO.BAC
Índice tema

6.1. Titorías. LOE . Artículo 91. Funciones del profesorado. 1. Las funciones del profesorado son, entre otras, las siguientes:

2. Los profesores realizarán las funciones expresadas en el apartado anterior bajo el principio de colaboración y trabajo en equipo.

Decreto 324/1996, Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo.( DOG 09/08/96).

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG. 02-09-97).

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias.

a) Participar no desenvolvemento do plan da acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe de estudios que proceda e en colaboración co departamento de orientación.
b) Proporcionarlles no principio de curso, ó alumnado e ós pais e nais de alumnos ou titores legais ou ordinarios,así como ás persoas ou institucións que ostenten a garda e protección do menor, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo.
c) Coñece-las características persoais de cada alumno a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.
d) Coñece-los aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno.
e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de busca-las respostas educativas adecuadas e solicita-los oportunos asesoramentos e apoios.
f) Coordina-las adaptacións curriculares necesa- rias para os alumnos e alumnas do seu grupo.
g) Facilita-la integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro.
h) Orienta-lo alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
i) Informa-lo equipo de profesores do grupo de alumnos das súas características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.
j) Coordina-lo axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos.
k) Organizar e presidi-las sesións de avaliación do seu grupo.
l) Favorece-lo proceso de maduración vocacional orientando e asesorando ó alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais.
m) Colaborar co departamento de orientación do centro nos termos que se establezan.
n) Colaborar cos demais titores e co departamento de orientación no marco dos proxectos educativos e curricular do centro.
ñ) Orienta-las demandas e inquedanzas do alum- nado e mediar, en colaboración co delegado do grupo, ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten.
o) Informa-lo alumnado, os pais e nais ou representantes legais e o profesorado de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.
p) Facilita-la cooperación educativa entre o pro- fesorado e os pais e nais dos alumnos ou representantes legais.
q) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os membros do equipo docente.
r) Cubri-los documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumnos.
s) Controla-la falta de asistencia ou puntualidade do alumnado e ter informados os pais e nais ou representantes legais e o xefe de estudios que proceda.
t) Implica-las familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos.
u) Atender, xunto co resto do profesorado, ós alumnos e alumnas mentres estes permanezan no centro nos períodos de lecer.

No suposto de existiren ciclos formativos de formación profesional, o titor asumirá tamén, respecto ó módulo de formación en centros de traballo, as seguintes funcións:
a') Elabora-lo programa formativo do módulo, en colaboración co responsable designado para estos efectos polo centro de traballo.
b') Avalia-lo módulo, tendo en conta o informe do responsable designado por parte do centro de traballo sobre as actividades realizadas polos alumnos e alumnas durante o período de estadía nese centro.
c') Manter contactos periódicos co responsable designado polo centro de traballo, co fin de contribuír a que o programa de formación se axuste á cualificación que se pretende.
d') Atender no centro educativo os problemas de aprendizaxe que presente o seu grupo de alumnos e valorar de xeito continuado as actividades correspondentes ó programa de formación.
e') Informar sobre as peticións de validacións ou exencións formuladas polo alumnado do ciclo formativo.
f') Tramitar para o seu grupo de alumnos a documentación relativa á formación en centros de traballo.
g') Axuda-lo departamento na identificación da necesidade de colaboración de expertos, así como calendario de intervención.
h') Propoñer, para a súa aprobación polo Consello Escolar, a distribución da asignación económica destinada a estas ensinanzas.
i') Informa-la dirección do centro de todo o referente ó ciclo formativo.
j') Redacta-la memoria final de curso, que se incluirá na memoria do centro.
Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 2/11/00).