02 Aneae e anee. ESO. BAC
Índice tema

2.10 Atención ao alumnado procedente do estranxeiro

LOE: Artigos 78º e 79º. Modificada polo apartado 59 do artigo único da LOMCE.

Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro.(DOG, 26/02/04).

Contémplase o reforzo educativo, adaptacións curriculares, flexibilizacións de idade, grupos de adquisición das linguas, grupos de adaptación da competencia curricular. As medidas que se establecen nesta Orde seguen sendo de aplicación, se ben se matizan, precisan e introducen modificacións nos decretos de currículo, circulares e normativa de desenvolvemento da LOE-LOMCE.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 9º e 30º.

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 13/07/07). Art. 13º

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumno de educación secundaria obrigatoria. Instrucción sexta.
Para o alumnado procedente do estranxeiro con desfase curricular e/ou de descoñecemento de calquera das linguas oficiáis da nosa Comunidade Autónoma

No ano académico 2015/16 implántanse as modificacións introducidas pola LOMCE e normativa de desenvolvemento nos cursos primeiro e terceiro de ESO e no curso primeiro de bacharelato.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 29/06/15). Art. 19º